viernes, 22 de febrero de 2008

As trampas de Santiso pagámolas todos

Os reponsables da AGRUPACION PROGRESISTA DE ABEGONDO (APdeA) formación política que está gobernando no Concello de Abegondo en coalición co PSOE e BNG despois de celebrarse as elecciós municipais en maio do 2007; están estudiando a posibilidade de reclamarlle ó Partido Popular de Abegondo, e en concreto ó seu máximo responsable o Deputado Autonómico D. José Antonio Santiso Miramontes, que de momento está dirixindo unha Xunta Xestora encuberta, formada con alevosía e nocturnidade dende hai un ano, tódolos gastos derivados e ocasionados polo recurso que presentaron diante dos Tribunais de Xustiza, en canto á formación das listas electorais.
Lembramos que foi outra maniobra mais do Partido Popular de Abegondo para liquidar os seus adversarios políticos, querendo quedarse solos diante dos electores; por medo a non obter uns resultados favorables.
Por mor do recurso presentado polo Partido Popular, a Agrupación Progresista de Abegondo veuse abocada a ter que acudir, nun prazo mínimo de tempo (tres días) á presentación dos pertinentes Recursos diante do Tribunal Constitucional en Madrid. Todos os gastos derivados destas actuaciós a Agrupación Progresista de Abegondo vai a reclamarllas a quen fixo o dano, que non é outro que o Deputado Autonómico José Antonio Santiso Miramontes; instigador real de todos os vericuetos nos que está envolto o Partido Popular na comarca.