viernes, 22 de febrero de 2008

As trampas de Santiso pagámolas todos

Os reponsables da AGRUPACION PROGRESISTA DE ABEGONDO (APdeA) formación política que está gobernando no Concello de Abegondo en coalición co PSOE e BNG despois de celebrarse as elecciós municipais en maio do 2007; están estudiando a posibilidade de reclamarlle ó Partido Popular de Abegondo, e en concreto ó seu máximo responsable o Deputado Autonómico D. José Antonio Santiso Miramontes, que de momento está dirixindo unha Xunta Xestora encuberta, formada con alevosía e nocturnidade dende hai un ano, tódolos gastos derivados e ocasionados polo recurso que presentaron diante dos Tribunais de Xustiza, en canto á formación das listas electorais.
Lembramos que foi outra maniobra mais do Partido Popular de Abegondo para liquidar os seus adversarios políticos, querendo quedarse solos diante dos electores; por medo a non obter uns resultados favorables.
Por mor do recurso presentado polo Partido Popular, a Agrupación Progresista de Abegondo veuse abocada a ter que acudir, nun prazo mínimo de tempo (tres días) á presentación dos pertinentes Recursos diante do Tribunal Constitucional en Madrid. Todos os gastos derivados destas actuaciós a Agrupación Progresista de Abegondo vai a reclamarllas a quen fixo o dano, que non é outro que o Deputado Autonómico José Antonio Santiso Miramontes; instigador real de todos os vericuetos nos que está envolto o Partido Popular na comarca.

viernes, 25 de enero de 2008

LEXATÍN, SR.SANTISO, LEXATÍN

É un consello que eu lle dou dende aquí, tomese algún que outro lexatín, e se ve que non lle cae ben este ansiolítico, tamén ten a opción de irse relaxar uns días a un balneario, que penso que esta terapia xa a debe coñecer por aquelo de que vostede mesmo lla recomendou nun pleno a un dos membros actuais do Goberno, para que se relaxase.

E digo todo esto, porque penso que vostede e os seus xa se están empezando a poñer nerviosos, por aquelo de que estamos en precampaña as eleccións xerais e pasadas estas, en menos de un ano, xa estaremos en precampaña das autonómicos e parece que ao PP as enquisas non llo "pintan" ben. E claro, ¿que será do ex-ministro de Galicia, se o PP non gaña e ten que volver pa escola?...A verdade que a vida é ben dura.

Nos últimos días ese estado ansioso-nervioso de voráxine preelectoral, está facendo que Santiso e os seus acrecenten a súa actividade adicándose a dar roldas de prensa moi interesantes a par que vergonzantes, alucinantes, e outras moitas cousas que acaban en "antes".

Céntrese Sr.Santiso, que como non se vaia o balneario ou compre o Lexatín vai acabar volvéndose tolo, porque realmente, entendo que, debe ser moi complicado manter a cabeza en equilibrio cando un fai unhas cousas durante anos e anos e despois di outras totalmente distintas e ademais parece que incluso as di convencido e crendo nelas.

¿Como pode vostede e aqueles que o acompañan, perder os nervios e a cabeza de tal xeito que se atreva a falar e xuzgar o actual goberno de abegondo como autor de "ilegalidades urbanísticas"?
¿Como pode siguer a voltas co campo de Futbol de Vizoño, despois da que lles contou a xogadores e directiva nun bar do noso concello, 3 días antes das eleccións municipais?
¿Como pode falar de débedas do concello sin poñerse colorado?

Por si acaso, a razón está nunha perdida de memoría súa e dos que o siguen, vou tratar eu dende aquí de que a recuperen lendo estas líneas explicativas os seus comentarios:

1-Ilegalidades Urbanísticas: Sr. Santiso, recorde que hai un Sr. de profesión FISCAL, que leva meses recabando información e adicándose a decir nos papeis que él firma que cando vostede, si vostede, José Antonio Santiso Miramontes, era alcalde hai indicios mais que provados de que se cometeron delitos reiterados de prevaricación en materia urbanística. Volte a realidade, que xa sabemos todos que esté Sr. debe ser moi "mala persoa" para ocurrirselle destapar estas cousas en vez de ver todo o que vostede fixo por e para Abegondo e as súas xentes, e por e para Galicia como Ministro. Pero bueno, siga vostede se quere nos mundos de yuppi dos aforados autonómicos.

2-Campo de Futbol de Vizoño: Sr. Santiso, recorde como o día 24 de maio do 2007, a 3 días das eleccións municipais, vostede foi cear ca directiva e xogadores do Vizoño a un bar do Concello, e lles dixo en base a un papel que levaba na man e que soupo "manipular informativamente" o seu antoxo, que o campo non se ía empezar, se era o caso que se empezaba, como moi pronto ata finais de novembro do 2007, e eso mesmo tivo a osadía de repetilo no seu mitín de peche de campaña na Flor de Montouto, si, ese mitín onde vostede ía revelar as grandes verdades universais. E resulta que, como o tempo pon a cada un no seu lugar, incluídos os mentireiros, pois o Campo de Futbol de Vizoño non é que non se empezara ata fins de novembro, senon que nesa data xa estaba rematado. E ese tema escócelle e escócelle, porque volve unha e outra vez sobre él. Ata me da que pensar que se a herba non fora artificial se animaria vostede a facerlle unhas calvas para dificultar o xogo. !Que vergonza, de verdade!

3-Débedas do Concello: Sr. Santiso, recupere o xuicio, porque de verdade que o feito de que vostede reincida no tema das débedas so pode deberse a que pense que os cidadáns de abegondo se baban de tontos que son, ou a que é vostede o que comenza a babarse. Acaso ¿non recorda quen é un tal Carro de Onís ou un tal Vidal de Sarandós ou outros moitos mais así?, ¿non recorda que na campaña das municipais do ano 1995 se afaltaron eiras a esgallo, e incluso algunha outra cousa que non eran eiras e marchou vostede no 2004, casi unha década despois e o asfaltado das eiras seguía sin pagar? Por favor, non nos trate de tontos, non o faga, que se equivoca, porque o pobo é sempre moito mais sabio do que parece e non perdoa gratuítamente.

Bueno, creo que pouco mais hai que decir, e espero que agora todo o mundo entenda o título deste comentario (lexatín, Sr.Santiso, lexatín), porque se os desvaríos políticos desta xente non se deben os nervios e a ansiedade por acadar o poder e non melloran co lexatín, imos apañados.