jueves, 28 de abril de 2011

Candidatura de la Agrupación Progresista de Abegondo (APdeA) a las elecciones municipales de 2011





A Agrupación Progresista de Abegondo (APdeA) presenta a súa candidatura para as vindeiras eleccións municipais do 22 de maio de 2011; composta por un total de 17 personas; 8 mulleres e 9 homes, sendo de nova incorporación o 50% da lista.

A AGRUPACION PROGRESISTA DE ABEGONDO (APdeA) nace no ano 2007 froito da deslealtade que sufrimos algúns dos que compoñemos hoxe en día a APdeA tanto do Partido Popular como de persoas que se marcharon e non nos dedicaron nin 5 minutos, a informarnos de cómo quedaban as cousas de xeito real nin a axudarnos nin apoiarnos para seguir para adiante naquel momento; enfrentándonos a unha cruda realidade que aínda hoxe en día se está a padecer por parte de todos.

Pero non hai mal que por ben non veña, pois esa situación xa está superada. Agora no ano 2011 dende a AGRUPACION PROGRESISTA DE ABEGONDO, podemos asegurar que a APdeA é unha formación política de carácter local, perfectamente consolidada, que se presenta ás eleccións municipais do vindeiro 22 de maio, coa misma humildade e honestidade que nas eleccións do 2007; e cun feixe de experiencias vividas nos últimos catro anos que non teñen desperdicio. Participamos no goberno municipal e tamén na oposición, despois de sufrir unha moción de censura, gracias a bochornosa actitude dos que representaban no ano 2009 ó PP e o PSOE en Abegondo.

Esta experiencia sírvenos para apuntalar mais a percepción recibida no día a día, onde somos conscientes que unha formación política como a APdeA é o futuro para que os veciños se sintan representados no goberno municipal; logo despois de estar vendo, un día sí e outro tamén como os grandes partidos políticos (PP e PSOE), toman decisións sin ningún tipo de consulta e non tendo en conta para nada ós seus afiliados nin simpatizantes, xogando de forma burda, clara e pública coa intelixencia das persoas.

Non é necesario poñer exemplos porque os coñecedes todos, pero queremos lembrarvos que as candidaturas independientes sí funcionan, e sí gobernan nos concellos. E é sempre naqueles casos en que os veciños ven que hai outra forma de gobernar, sin mais ataduras que a propia xente, os propios veciños do concello, neste caso de Abegondo; deixando a un lado, sin complexos de ningún tipo, a parafernalia e o tufillo que desprenden os grandes partidos políticos, que para desgracia de todos dannos mostras públicas todos os días. E por desgracia en Abegondo sabemolo ben.

Así, de forma clara e contundente, podemos afirmar que a Agrupación Progresista de Abegondo (APdeA) preséntase coa finalidade de gobernar no Concello de Abegondo con maioría; lembrandolle ós electores a malas experiencias vividas nos últimos anos froito da impresentable e bochornosa actuación dos que representaron a certas siglas de partidos políticos na corporación municipal.

Esta é unha oportunidade para que os veciños e veciñas de Abegondo, lembren e recorden o pasado; asimilen o presente e saiban interpretar o futuro acorde ós seus sentimentos e formas de entender a vida pública e xestión dun concello.












RELACION NOMINAL:

NOMBRE Y APELLIDOS

1.- JUAN JOSE ROCHA CARRO, de Abegondo.
2.- VICTOR BESTILLEIRO VILAS, de Montouto.
3.- MARIA JOSE MAZAS ALVAREZ, de Leiro.
4.- CARLOS SANTIAGO SOTO, de Cos.
5.- NOELIA CAAMAÑO SAAVEDRA, de Crendes.
6.- JAVIER MENDEZ CARRO, de Meangos.
7.- JOSE IGNACIO PARDO ALONSO, de Cerneda.
8.- PEDRO ABA VARELA, de Mabegondo.
9.- MARIA BELEN NIETO QUINTANS, de Sarandós.
10.- PAULA GOMEZ APARICIO, de Bordel.
11.- CONSUELO VAZQUEZ LOPEZ, de Presedo.
12.- ALBERTO ESCALANTE ZAPATA, de Abegondo.
13.- MARIA LUISA PIZARROSO SALAMANCA, de Vilacoba.

SUPLENTES:






14.- NURIA ULLOA RIVERA, de Abegondo.
15.- JESUS ANGEL SAAVEDRA GOMEZ, de Orto.
16.- SONIA VARELA SUAREZ, de Meangos.
17.- JOSE MANUEL CAÑAS FACHAL, de Sarandós.












No hay comentarios: