martes, 19 de abril de 2011

¿Por qué o Partido Popular de Abegondo sigue intentando enganar ós veciños sobre o asunto do PXOM?

















¿Por qué o Partido Popular de Abegondo sigue intentando enganar ós veciños sobre o asunto do PXOM?


Hoxe toca poñer de manifesto o acordo adoptado pola Xunta deGoberno do Concello de Abegondo o día 13 de febreiro de 2009.


O acordo consiste básicamente en rescindirlle o contrato ó equipo redactor do Plan Xeral de Ordenación Municipal polo incumprimento manifesto de prazos á hora de facer os traballos que lle correspondían como adxudicatario do contrato.


O resúmo de datas e feitos faise de seguido, onde tamén se pode consultar o documento que acredita o acordo da Xunta de Goberno e onde se constata que se estivo traballando no asunto nos últimos anos. Ademais esta acta ven a demostrar varias cousas, que en resumo son as seguintes:


1.- O día 11 de maio de 2005 o goberno municipal de Abegondo presentou na Dirección Xeral de Urbanismo a delimitación de Solos de Núcleo, como medida provisional, ata tanto non se aprobara un Plan Xeral de Ordenación Municipal.


2.- O día 5 de maio de 2006 ademais presentouse na Xunta de Galicia o documento do Plan Xeral de Ordenación Municipal, para que emitise o seu informe, previo a someter o documento á aprobación inicial polo Pleno do Concello de Abegondo.


3.- A Xunta de Galicia emite con data 25 de xuño de 2007 o seu informe. (Tarda CATORCE (14) meses en emitilo !!!). Foi publicado íntegramente na páxina web municipal para coñecemento dos veciños.


4.- O 10 de outubro de 2007 a Xunta de Goberno adopta o acordo de dar "instruccións expresamente ó contratista para que continúe coa tramitación do PXOM cumprindo íntegramente coas indicacións da Dirección Xeral de Urbanismo" que se sinalaban no informe emitido no mes de xuño de 2007.


5.- A partir dese momento o equipo redactor do PXOM non fixo ningunha modificación do documento, dando largas a todo o proceso de modificación e elaboración do documento polo que houbo que tomar medidas.


6.- Con data 13 de febreiro de 2009 adoptase o acordo pola Xunta de Goberno de rescindirlle o contrato ó equipo redactor por INCUMPRIMENTO DE PRAZOS, ademais de icumprimento de obligacións contratuais. Tamén se acorda incautarlle a fianza depositada de 8.600,00 euros e valorar os danos e perxuizos causados ó Concello de Abegondo por un importe de 40.901,60 euros; quedando obrigado a facer o seu ingreso.


7.- O goberno municipal de tránsfugas coa chegada ó poder, nos meses do verán do ano 2009 (ós tres meses da chegada ó poder) ANULA este acordo e adopta outros que van encamiñados a ampliarlle o prazo ó equipo redactor ademais de otorgarlle mais cartos no contrato.


8.- Logo xa todos saben o que pasou. O goberno municipal de tránsfugas presenta un documento ó Pleno do Concello para a súa aprobación, tentando que os dous meses de exposición pública pasen desapercibidos polos veciños co fin de evitar que se presenten o menor número posible de alegacións.


9.- Tanto a APdeA como o BNG tivemos que pedir un pleno extraordinario co fin de que se publicara na páxina web municipal o documento completo, por canto que sólo se podía consultar un único documento en papel, en na Casa do Concello; coartando así a posibilidade de que a inmensa maioría dos veciños poideran ter acceso directo ó PXOM.


10.- Negaronse tamén a ampliar o prazo de exposición pública.


11.- E como colofón a este desmadre e sinsentido de facer as cousas, agora o alcalde mándalles unha carta ós que presentaron as alegacións, pedíndolles que pasen polo seu despacho para que lle expliquen mellor as alegacións.


12.- Non se sabe que é o que está a facer mentras tanto o equipo redactor. Debéría de estar elaborando todos e cada un dos informes que necesita o goberno municipal, para sustentar a resolución que corresponda as respecivas alegacións.


13.- Agora estase demostrando ben quén minte, e sobre todo estase demostrando os métodos totalmente inaceptables que este alcalde e goberno municipal está a facer con este asunto; ríndose á cara e públicamente da intelixencia das personas e dos veciños de Abegondo.


E hora de que cada quen vaia quitando conclusións. Para a APdeA o que está a facer este goberno municipal é unha tomadura de pelo a todos os veciños.


A este alcalde non hai que taparlle a boca, o que hai que esixirlle é que fale dunha vez por todas, de forma pública, e que nos conte que é o que está a facer co tema do PXOM, e realmente que é o que nos está agochando, e saber por qué nos quere estar enganando permanentemente con este tema.


No hay comentarios: