jueves, 26 de noviembre de 2009

O goberno municipal de Abegondo deixa de invertir 90.000 euros no POS da Deputación para o ano 2010

O GOBERNO MUNICIPAL DE ABEGONDO DE SANTISO MIRAMONTES, DEIXA DE INVERTIR 90.000,00 EUROS NO PLAN DE OBRAS E SERVIZOS DA DEPUTACION PROVINCIAL PARA O ANO 2010


Noutro Pleno Extraordinario mais que leva convocado o goberno municipal de Abegondo, celebrado hoxe día 26 de novembro de 2010, aprobouse a relación de obras que se van a solicitar á Deputación para o Plan de Obras e Servizos do ano 2010.

Neste acordo proposto por Santiso Miramontes, vai unha partida de 90.000 euros adicados a gastos correntes, polo que deixan de invertirse en obras, tal e como viña sendo habitual en tódolos POS.

Se ven é unha novidade por parte da Deputación, onde permite destinar os investimentos deste Plan Inversor como é o POS a gastos correntes, a Agrupación Progresista de Abegondo votou en contra desta proposta do goberno municipal, por canto que aínda ven de suscribir un préstamo, o cal aínda ven a empufar mais as arcas municipais.

O voto en contra da APdeA tamén ven dado, por canto que nos camiños municipais previstos en arranxar hai algún que pode estar incurrindo en algunha ilegalidade, coforme á Lei do Solo, ó estar nunha zona rústica e forestal, onde agora aparecen vivendas.

A APdeA fará un seguimento do gasto que xustifique o goberno municipal en gastos correntes en vez de imputalo en inversión en arranxo de camiños municipais.


AGRUPACION PROGRESISTA DE ABEGONDO (APdeA)

lunes, 23 de noviembre de 2009

En Abegondo non todo é nin será mediocre.- Hoxe tócalle a Francisco José Presedo Velo

Un recordo ó noso veciño de Abegondo, Francisco Presedo Velo.



http://4.bp.blogspot.com/_Bir3bs__J2E/SwmJ8f1bRiI/AAAAAAAAxFE/Uo_UVjMf-Nc/s1600/1.jpg

jueves, 19 de noviembre de 2009

Santiso Miramontes sigue empeñado en non querer debatir nin explicar nada nos Plenos

A Agrupación Progresista de Abegondo presentou por rexistro xeral duas mociós co fin de ser incluídas no Pleno Ordinario do mes de novembro, que logo se convertiu nun extraordinario ó día seguinte, aínda sen explicar os motivos; e onde unha vez mais, como reiteradamente está sendo a política deste goberno municipal de rexeitar calquer debate, sobre cuestiós que afectan ós veciños de Abegondo.

De seguido publicanse os contidos das mociós presentadas e que o alcalde e o goberno municipal rexeitou nin sequera a incluilas na orde do día nin declarar a urxencia no momento do Pleno.

Aínda así a APdeA sigue a creer no que propón e publica para coñecemento xeral:

O Contido e resúmen das Mociós presentadas foron as seguintes:

1.- PROBLEMAS CO PINTADO DA ESTRADA DE BETANZOS O MESON DO VENTO.-
Moción para que o Concello intermedie con técnicos da Xunta de Galicia, e faga unha xuntanza con representantes veciñais de San Tirso de Mabegondo, Abegondo, Montouto, Folgoso e Viós; para ver "in situ" as posibiliades reales, de variar tramos na sinalización tanto vertical como horizontal, na estrada de Betanzos ó Mesón do Vento, ó seu paso por Abegondo; dado o malestar e graves inconvintes que está ocasionando os usuarios coa nova sinalización.

2.-PROPOSTA DE INCLUSION NO PROXECTO DE SANEAMENTO EN SEIXURRA E SAN ROMAN A CONEXION CO COLECTOR DE CECEBRE.
A APdeA propón que se modifique o proxecto de Saneamento en Seixurra e San Román (Orto), por canto no mesmo non vai diseñado ningunha depuradora. Parece algo increíble cando estamos a falar dunha zona altamente sensible ó estar estos dos núcleos á beira mesmo do Espazo Natural Protexido do Encoro de Abegondo-Cecebre, o cal serve para subministar de auga potable a toda á area metropolitana de A Coruña.
Entendemos que o lóxico, natural e mais económico é conectar este saneamento que se proxecta, co colector xa instalado na veciña parroquia de Cecebre (do Concello de Cambre), o cal verteríase por gravedade á depuradora de Bens que está construíndo o Concello de A Coruña.
Entendemos ademais que é unha boa oportunidade, tendo en conta que o Alcalde de Abegondo está na comisión que leva a xestión de integración do Concello de A Coruña, no Consorcio de As Mariñas, o cal ten coma prioridade a posta en funcionamento da devandita planta depuradora de Bens.
Ademais, o actual goberno municipal está desvirtuando a filosofía do Plan Life, que conqueriu o goberno municipal anterior, dunha axuda de 1.000.000 de euros da Unión Europea, o cal entre outras iniciativas estaba diseñado para construir 2 depuradoras (1 en Xuanzo e 1 en Bordel), en núcleos tradicionais e con asentamento de poboación concentrada. O PP e o PSOE pretenden agora que este tipo de depuradoras, de filtros biolóxicos implantalas á beira mesmo do Encoro de Abegondo-Cecebre.
Agardemos que alguén con sentido común dos socios deste Plan Europeo, é decir, a Consellería do Medio Rural, a Consellería de Medio Ambiente e Emalcsa, fagan ver ós gobernantes de Abegondo do erro que van a cometer.

martes, 17 de noviembre de 2009

O Alcalde de Abegondo, Santiso Miramontes, non convoca plenos ordinarios

Pois así, como o leen. O Sr. Santiso non convoca plenos ordinarios. Xa van dous. O mércores día 18 de novembro de 2009, a eso das 13,30 horas, tiña que celebrarse pleno ordinario. (Polo propio acordo do pleno liderado polos tránsfugas, acordaron que se celebre o 3º mércores dos meses impares).

Eso sí, os concelleiros de Abegondo temos unha convocatoria para un PLENO EXTRAORDINARIO para o día seguinte, é decir, para o xoves día 19 de decembro, a unha hora tan inusual como é ás 13,30 horas, co fin de que non poidan acudir concelleiros da oposición nin veciños. O medo é libre!!! E Santiso Miramontes ten moito. Así lle vai.

O dito, que nos quere marear a perdiz, e a todo esto, (aviso a navegantes), non o vai a conseguir. A xente, os veciños, os paisanos, os ciudadanos/as pouquiño a pouco xa se van decatando do personaxe en cuestión.

Seguiremos ahí, e xa iremos informando ver que é o que pasa no pleno extraordinario do xoves, cando tiña a posibiliade de convocar o ordinario.....

viernes, 13 de noviembre de 2009

Estas son as obras que deixou o goberno da APdeA aprobadas cando o PP e o PSOE fixeron a moción de censura en Abegondo

A AGRUPACION PROGESISTA DE ABEGONDO (APdeA), quere de novo informar a relación de obras que o Goberno Municipal de Abegondo censurado o 20 de abril do 2009, deixou aprobadas e listas para executar e rematar antes de que comence o inverno que xa está ahí á volta.

Para unha mellor comprensión da relación, ordenanse por parroquias; e así cada quén vaia vendo as que están executadas e cales non, polo goberno municipal actual.

Despois da lectura desta relación, o que convidamos é a analizar o porqué de tanta demora na ejecución da meirande parte das obras coas que se atoparon despois da moción de censura, e que a día de hoxe non son capaces nin de executar.


RELACION DE OBRAS (Ordenadas por parroquias)


ABEGONDO
- Asfaltado Camiño no Penedo
- Asfaltado Pista en Vilanova
- Cubrición de piscina municipal
- Construcción dun SPA
- Construcción dunha piscina infantil
- Construcción de pavillón cuberto no Campo da Feira
- Reforma do local municipal de O Naranxo
- Reforma do Parque Infantil do Campo da Feira de San Marco
- Ampliación do Salón de Plenos do Concello
- Adquisición de Mobiliario para Salón de Plenos
- Pavimentación explanda recinto interior C.E.I.P San Marcos

CABANAS
- Pista en Carballal


CERNEDA
- Beirarrúas en acceso á Igrexa de Cerneda
- Proxecto redactado de construcción de Centro Social (estaba previsto incluílo no Plan de Obras e Servizos da Deputación do ano 2010)
- Construcción dun espazo interpretativo cultural no Castro de Cerneda

COS
- Saneamento en Cos a Meangos (De O Francés a Cimadevila)
- Saneamento en Aldea de Abaixo ata Igrexa de Cos

CRENDES
- Camiño no Xestal
- Terceira fase de pavimentación en aglomerado en Maceada
- - Beirarrúas de acceso e servizos a Aula da Natureza

CULLERGONDO
- Acondicionamento de Campo da Festa de Cullergondo


FIGUEROA
- Pavimentación asfáltica do núcleo de Figueroa


FOLGOSO
- Pista en O Beche
- Pavimentación do camiño de A Lameira a Aldea de Arriba
- Pavimentación de camiño de Beche a Aldea de Abaixo
- Centro Social de Folgoso (Proxecto aprobado e incluído no Plan de Obras e Servizos da Deputación Provincial).- Quedaba pendente únicamente a autorización da Xunta para a aprobación da delimintación do solo de núcleo.

LEIRO
- Camiño de Castro á Igrexa de Leiro
- Camiño de Loureiro á Igrexa de Leiro

LIMIÑON
- Asfaltado dende Campo de Futbol a Rombo

MABEGONDO
- Camiño en Souto do Val
- Acondicionamiento de camiño en Barrio
- Aconcionamiento de Edificio Parroquial de San Tirso de Mabegondo
- Alcantarillado en Lángara

MEANGOS
- Camiño de Fixoi
- Saneamento en Cos a Meangos (De O Francés a Cimadevila)

MONTOUTO
- Asfaltado camiño xunto Campo da Festa
- Abastecemento de auga potable marxe esquerda estrada AC-542 e Ar (Montouto)
- Acondicionamento de parcela Centro Cívio parroquial de Montouto

ORTO
- Pavimentación de Camiños en O Ceán


PRESEDO
- Asfaltado de camiño en Brandián


SARANDOS
- Camiño no Rueiro
- Camiño en Os Barreiros
- Acondicionamiento (1ª fase) de parcela Campo da Festa de Sarandós
- En execución, obras de saneamento e construcción de depuradora, conxuntamente con Carral.

VILACOBA
- Camiño en San Paio
- Asfaltaldo de carretera de Casa Grande a Campo de Fútbol de Bisoño
- Centro Social de Vilacoba.- (Proxecto aprobado e incluído no Plan de Obras e Servizos).- Quedaba unicamente autorización por parte da Xunta de Galicia ó estar en Solo Rústico.

VIOS
- Aglomerado aparcamento Igrexa de Viós
- Camiño do Loureiro á Igrexa de Viós

VIZOÑO
- Iluminación campo de fútbol de Bisoño
- Asfaltado de carretera de Casa Grande a Campo de Fútbol de Bisoño
- Asfaltado de camiño en Granxas á Rivela




PROXECTO “LIFE”, aprobado no primavera do ano 2008 pola UNION EUROPEA, onde o Concello de Abegondo foi capaz de liderar e incluir como socios á Consellería de Medio Ambiente; Consellería do Medio Rural, EMALCSA e o propio Concello de Abegondo.- O importe total do proxeco é de 1.000.000,00 de euros. Neste proceso únicamente foron seleccionado e aprobados pola Unión Europea 2 proxectos en toda Galicia, e un deles é este o do Concello de Abegondo.
Denominación do proxecto: GESTION INTEGRADA DE LOS RECURSOS HIDRICOS Y SU APLIACION EN EL PLANEAMENTO LOCAL DEL L.I.C. ABEGONDO-CECEBRE.


A Xunta de Galicia, no remate do ano 2008 comprometeuse á CONSTRUCCION DUN NOVO EDIFICIO NO C.E.I.P. San Marco, con 6 unidades; estando neste momento xa en construcción.

jueves, 12 de noviembre de 2009

BUENISIMO.- Nunca é culpable de nada, nin nunca sabe nada.., eso sí..., chega... e xa resolve todo dun plumazo !!!

Así como suena. E para mellor mostra, non hai mellor que un botón.
Pinche aquí na noticia, e despois vostedes xa farán a súa propia opinión.


www.lavozdegalicia.es/coruna/2009/11/11/0003_8098483.htm

martes, 10 de noviembre de 2009

Santiso Miramontes non quere contestar nos Plenos do Concello de Abegondo. ¿Por qué será?

¿QUE É ESO DE QUE O ALCALDE DE ABEGONDO, SANTISO MIRAMONTES, NON QUEIRA CONTESTAR AS PREGUNTAS QUE LLE FAI A AGRUPACION PROGRESISTA DE ABEGONDO NOS PLENOS?


O alcalde de Abegondo, Santiso Miramontes, non contesta ás preguntas que dende a AGRUPACION PROGRESISTA DE ABEGONDO (APdeA) lle fai nos Plenos. ¿E por qué? Esa é a pregunta que nos facemos todos.

Non valen disculpas. O alcalde, é o primeiro veciño que ten que dar exemplo, e dende logo canto menos nos plenos. O Sr. Santiso Miramontes non se pode “amparar” de non querer falar cun membro da Corporación; cando este, ou calquer outro da Corporación Municipal están exercendo o seu lexítimo dereito a facer as preguntas, rogos, mociós, propostas, suxerencias, etc, que a lei ampara ós membros das corporación municipais, incluída a de Abegondo.

O Sr. Santiso Miramontes esquéncese de que a AGRUPACION PROGRESISTA DE ABEGONDO (APdeA) está amparada por 1.100 votos; mil cen veciños de Abegondo, e polo tanto o que debe de ter o alcalde é un mínimo de dignidade e de vontade de afrontar o que él voluntariamente está desempeñando. Que neste caso é o cargo de alcalde de Abegondo. E ten que ter en conta que canto menos, as preguntas ou rogos, ou denuncias que se lle fagan dende a APdeA están representadas por esos veciños, por esos votantes.

Non valen xa mais disculpas, non valen xa mais mentiras, non valen xa o que lle valeu ata ó de agora. Abegondo non é o Abegondo que él deixou voluntariamente no ano 2004. O alcalde de calquer concello, incluído Abegondo, ten que dar, polo menos tantas explicaciós como os veciños lle soliciten, e dende logo tamén os seus representantes na corporación municipal, sexa cal sexa a candidatura ou formación política pola cal se presentaran nas elección municipais.

O Sr. Santiso Miramontes ten que dar moitas contas, moitas explicaciós ós veciños de Abegondo. Poñemos algúns exemplos.

1.- Ten que dar explicaciós por qué nunca falou do petate que nos deixou a nivel urbanístico en Abegondo cando se marchou para a Xunta de Galicia, e que aínda agora non é capaz de decir nada. Referímonos a Setencia do Tribunal Supremo onde anulaban as Normas Subsidiarias Municipais do ano 1996, polas cales se estiveran dando as licencias de obra ata o remate do ano 2004.

2.- Ten que dar explicaciós por qué dende que fixo a moción de censura, o horario dos Plenos pasounos para a 1 da tarde (13 horas). ¿Será porque ten medo a que lle veña público e vexa o esperpento de Plenos que dirixe? O que sí está claro é que está tentando e que tantos os membros da oposición como calquer veciño que teñan interés en acudir a un Pleno, non teña moitas posibilidades, NON POIDA ACUDIR por razós do traballo. Non se recorda tal cousa en Abegondo. Sempre eran ás 8 ou 9 da noite. Vaian tomando nota de cómo funciona este goberno municipal.

3.- O Sr. Santiso Miramontes ten que dar explicaciós qué é o que está a facer co Plan Xeral de Ordenación Municipal. E ten que dar explicaciós porque o goberno municipal presidido pola APdeA, no mes de febreiro de 2009, adoptou o acordo de RESCINDIR o contrato á empresa adxudicataria dos traballos de elaboración do Plan Xeral, por haber INCUMPRIDO claramente os prazos para efectuar os traballos, segundo o contrato firmado, precisamente polo Sr. Santiso Miramontes, antes de marcharse para a Xunta de Galicia.

Este acordo de rescisión que se adoptou antes da moción de censura está amparado por informes da Secretaria Xeral, do Interventor e do Asesor Xurídico, onde poñen en claro cada un deles que o equipo redactor incumpriu os prazos, e non queda outra saída ou solución que rescindir o contrato e incluso pedir danos e perxuicios se fora o caso.

Pois eso é o que hai, dende o mes de febreiro. A APdeA atopouse coa esperpéntica moción de censura, e este novo goberno municipal sigue a enganar ós veciños de Abegondo decindo que vai haber Plan Xeral a principios de ano. ¿Non lles parece que o Sr. Santiso Miramontes xa lle vai sendo hora de ir dando explicaciós?

4.- E teñen que seguir dando explicaciós porque cando fixeron a moción de censura, atoparonse con mais de cincuenta (50) obras aprobadas, incluídas no Plan E e en plans da Deputación Provincial. A maior parte delas teñen que estar rematadas a 31 de decembro de 2009, e a verdade e que hai moitas que nin foron empezadas. AINDA NON SABEMOS DE NINGUNHA OBRA QUE FORAN CAPACES DE APROBAR eles como goberno municipal.

5.- Van ter que seguir dando explicaciós, porque unilateralmente están modificando obras nos Campos da Festa en Sarandós, Cullergondo ou en Montouto.

6.- Tamén van a ter que dar explicaciós de que é o que pasa coas OBRAS PARALIZADAS no Campo da Feira de Abegondo, onde non hai nada feito para cubrir un espazo entre a polideportiva e o centro de saúde; e onde o Sr. Santiso Miramontes foi capaz de aprobarlle ó contratista hai 2 meses un total de 31.000 euros (trinta e un mil) por non facer nada. Agrademos que os inspectores das obras do Plan Zapatero vaian tomando nota.

7.- E seguramente tamén vai ter que dar explicaciós de por qué non vai a facer unha reunión cos veciños da parroquia de Sarandós e mais do núcleo de Damil (Figueroa) para informarlles de cómo se ten que poñer a funcionar a importante obra de saneamento e depuración (en conxunto con Carral), das obras do Saneamento.

8.- Este goberno municipal atópase agora onde o Concello de A Coruña, ten que pagar puntualmente tódolos anos ó Concello de Abegondo o imposto do IBI polos terreos que ten no encoro de Abegondo-Cecebre (sobre 23.000 euros cada ano), ademais de outros 120.000 euros en concepto de atrasos dos últimos 5 (cinco) anos, gracias á demanda que o goberno municipal presidido pola APdeA impulsou para que se fixera xustiza sobre un asunto que o Sr. Santiso Miramontes nunca fixo nada, tentando quedar diante da opinión pública de algo que nunca fixo nada.

Seguiremos falando da xestión deste goberno municipal, e dende logo esixiremos que teñan que dar a cara, que den cantas explicaciós sexan necesarias sobre os temas que lles interesan ós veciños de Abegondo.

Se non queren dar explicaciós, o mellor que nos pode pasar a todos é que se vaian para a casa. Aquí ninguén está forzosamente. Que se deixen de engañar ós veciños.

AGRUPACION PROGRESISTA DE ABEGONDO (APdeA)

Pleno do Concello de Abegondo para o día 18 de novembro de 2009

Para o vindeiro mércores día 18 de novembro de 2009, vai a celebrarse, ou ten que celebrarse, se o Sr. Alcalde, Sr. Santiso Miramontes se digna en convocar, o pertinente Pleno Ordinario. Ainda non sabemos os asuntos que vai a incluir na Orde do Día.

O que sí sabemos son diversos asuntos que, dende a AGRUPACION PROGRESISTA DE ABEGONDO (APdeA) se van a plantexar.

A meirande parte deles, van a ser por escrito, dado que o Sr. Alcalde Santiso Miramontes, négase a dar ningunha explicación nos plenos. Coma sempre vai de sobrado (e non precisamente dos monxes).

Nesta páxina vaise dar cumprida información de tódolos asuntos, xa que tamén é certo, que dende que tomou a alcaldía de novo, o blog do alcalde desapareceu, e agora xa non hai moita información detallada e continuada ós veciños.

Sin mais, un saúdo, e xa iremos vendo...., e leendo.