¿QUE É ESO DE QUE O ALCALDE DE ABEGONDO, SANTISO MIRAMONTES, NON QUEIRA CONTESTAR AS PREGUNTAS QUE LLE FAI A AGRUPACION PROGRESISTA DE ABEGONDO NOS PLENOS?
O alcalde de Abegondo, Santiso Miramontes, non contesta ás preguntas que dende a AGRUPACION PROGRESISTA DE ABEGONDO (APdeA) lle fai nos Plenos. ¿E por qué? Esa é a pregunta que nos facemos todos.
Non valen disculpas. O alcalde, é o primeiro veciño que ten que dar exemplo, e dende logo canto menos nos plenos. O Sr. Santiso Miramontes non se pode “amparar” de non querer falar cun membro da Corporación; cando este, ou calquer outro da Corporación Municipal están exercendo o seu lexítimo dereito a facer as preguntas, rogos, mociós, propostas, suxerencias, etc, que a lei ampara ós membros das corporación municipais, incluída a de Abegondo.
O Sr. Santiso Miramontes esquéncese de que a AGRUPACION PROGRESISTA DE ABEGONDO (APdeA) está amparada por 1.100 votos; mil cen veciños de Abegondo, e polo tanto o que debe de ter o alcalde é un mínimo de dignidade e de vontade de afrontar o que él voluntariamente está desempeñando. Que neste caso é o cargo de alcalde de Abegondo. E ten que ter en conta que canto menos, as preguntas ou rogos, ou denuncias que se lle fagan dende a APdeA están representadas por esos veciños, por esos votantes.
Non valen xa mais disculpas, non valen xa mais mentiras, non valen xa o que lle valeu ata ó de agora. Abegondo non é o Abegondo que él deixou voluntariamente no ano 2004. O alcalde de calquer concello, incluído Abegondo, ten que dar, polo menos tantas explicaciós como os veciños lle soliciten, e dende logo tamén os seus representantes na corporación municipal, sexa cal sexa a candidatura ou formación política pola cal se presentaran nas elección municipais.
O Sr. Santiso Miramontes ten que dar moitas contas, moitas explicaciós ós veciños de Abegondo. Poñemos algúns exemplos.
1.- Ten que dar explicaciós por qué nunca falou do petate que nos deixou a nivel urbanístico en Abegondo cando se marchou para a Xunta de Galicia, e que aínda agora non é capaz de decir nada. Referímonos a Setencia do Tribunal Supremo onde anulaban as Normas Subsidiarias Municipais do ano 1996, polas cales se estiveran dando as licencias de obra ata o remate do ano 2004.
2.- Ten que dar explicaciós por qué dende que fixo a moción de censura, o horario dos Plenos pasounos para a 1 da tarde (13 horas). ¿Será porque ten medo a que lle veña público e vexa o esperpento de Plenos que dirixe? O que sí está claro é que está tentando e que tantos os membros da oposición como calquer veciño que teñan interés en acudir a un Pleno, non teña moitas posibilidades, NON POIDA ACUDIR por razós do traballo. Non se recorda tal cousa en Abegondo. Sempre eran ás 8 ou 9 da noite. Vaian tomando nota de cómo funciona este goberno municipal.
3.- O Sr. Santiso Miramontes ten que dar explicaciós qué é o que está a facer co Plan Xeral de Ordenación Municipal. E ten que dar explicaciós porque o goberno municipal presidido pola APdeA, no mes de febreiro de 2009, adoptou o acordo de RESCINDIR o contrato á empresa adxudicataria dos traballos de elaboración do Plan Xeral, por haber INCUMPRIDO claramente os prazos para efectuar os traballos, segundo o contrato firmado, precisamente polo Sr. Santiso Miramontes, antes de marcharse para a Xunta de Galicia.
Este acordo de rescisión que se adoptou antes da moción de censura está amparado por informes da Secretaria Xeral, do Interventor e do Asesor Xurídico, onde poñen en claro cada un deles que o equipo redactor incumpriu os prazos, e non queda outra saída ou solución que rescindir o contrato e incluso pedir danos e perxuicios se fora o caso.
Pois eso é o que hai, dende o mes de febreiro. A APdeA atopouse coa esperpéntica moción de censura, e este novo goberno municipal sigue a enganar ós veciños de Abegondo decindo que vai haber Plan Xeral a principios de ano. ¿Non lles parece que o Sr. Santiso Miramontes xa lle vai sendo hora de ir dando explicaciós?
4.- E teñen que seguir dando explicaciós porque cando fixeron a moción de censura, atoparonse con mais de cincuenta (50) obras aprobadas, incluídas no Plan E e en plans da Deputación Provincial. A maior parte delas teñen que estar rematadas a 31 de decembro de 2009, e a verdade e que hai moitas que nin foron empezadas. AINDA NON SABEMOS DE NINGUNHA OBRA QUE FORAN CAPACES DE APROBAR eles como goberno municipal.
5.- Van ter que seguir dando explicaciós, porque unilateralmente están modificando obras nos Campos da Festa en Sarandós, Cullergondo ou en Montouto.
6.- Tamén van a ter que dar explicaciós de que é o que pasa coas OBRAS PARALIZADAS no Campo da Feira de Abegondo, onde non hai nada feito para cubrir un espazo entre a polideportiva e o centro de saúde; e onde o Sr. Santiso Miramontes foi capaz de aprobarlle ó contratista hai 2 meses un total de 31.000 euros (trinta e un mil) por non facer nada. Agrademos que os inspectores das obras do Plan Zapatero vaian tomando nota.
7.- E seguramente tamén vai ter que dar explicaciós de por qué non vai a facer unha reunión cos veciños da parroquia de Sarandós e mais do núcleo de Damil (Figueroa) para informarlles de cómo se ten que poñer a funcionar a importante obra de saneamento e depuración (en conxunto con Carral), das obras do Saneamento.
8.- Este goberno municipal atópase agora onde o Concello de A Coruña, ten que pagar puntualmente tódolos anos ó Concello de Abegondo o imposto do IBI polos terreos que ten no encoro de Abegondo-Cecebre (sobre 23.000 euros cada ano), ademais de outros 120.000 euros en concepto de atrasos dos últimos 5 (cinco) anos, gracias á demanda que o goberno municipal presidido pola APdeA impulsou para que se fixera xustiza sobre un asunto que o Sr. Santiso Miramontes nunca fixo nada, tentando quedar diante da opinión pública de algo que nunca fixo nada.
Seguiremos falando da xestión deste goberno municipal, e dende logo esixiremos que teñan que dar a cara, que den cantas explicaciós sexan necesarias sobre os temas que lles interesan ós veciños de Abegondo.
Se non queren dar explicaciós, o mellor que nos pode pasar a todos é que se vaian para a casa. Aquí ninguén está forzosamente. Que se deixen de engañar ós veciños.
AGRUPACION PROGRESISTA DE ABEGONDO (APdeA)
martes, 10 de noviembre de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario