Tempos de reflexion
Sí, agora xa é tempo de reflexionar. Xa non hai que agardar a que chegue o 21 de maio de 2011, día de obrigado cumprimento, por imperativo legal; onde todos os electores que estén dispostos a emitir o seu voto nas eleccións municipais do 22 de maio, temos ese día anterior para semellante fin.
Dende a Agrupación Progresista de Abegondo (ApdeA) queremonos adiantar un pouco a esas datas, para convidar xa a tódolos abegondeses/as a que vaian exercitando esa labor, porque non hai motivos aparentes para ter que agardar a tan lonxana data para facer o autoexercicio da reflexión.
Unha lexislatura da para moito, ou ás veces, non dá prácticamente para nada. Como case todo nesta vida, depende como se mire. Sexa como sexa a interpretación que cada quén queira darlle a ese parámetro, o que sí é certo é que esta legislatura xa non da mais de sí.
Dende a Agrupación Progresista de Abegondo (ApdeA) queremos xa desde este momento invitar a tódolos electores a varias cousas.
A primeira delas, é que debemos ser conscientes da necesidade de participación. Invitamos ós vecinos e veciñas de Abegondo a participar nas eleccións municipais. Invitamos e incitamos a que a xente participe nas listas electorais que se queiran presentar para as eleccións de maio. E un compromiso. Primeiro un compromiso con un mesmo e en segundo lugar cos propios integrantes da candidatura (sexa cal sexa) e logo tamén, por suposto co resto dos veciños.
Non valen os lamentos, os laios, as risas ou os choros. Somos maiores de edade e polo tanto temos todos os dereitos e obrigas que a propia sociedade nos impón e nos otorga. Aquí cada quén ten que cumprir un papel, e do que se trata neste intre é de reflexionar qué papel queremos ter e facer cada un de nos.
E para rematar esta reflexión, non esquenzamos que á hora de emitir o voto, estamos evidenciando as nosas reflexións e decíndonos a nos mesmos que a esas persoas que lles votamos, no caso de estar no sitio delas, faríamos igual que elas.
Se para reflexionar consideramos necesario dar un paso atrás, pois daquela que sexa para coller impulso.
O noso desexo que todos nos sintamos moi ben reflexionados. Do contrario, quedaremos, pois eso, ...., simplemente "flexionados".

No hay comentarios:
Publicar un comentario