lunes, 21 de mayo de 2007

San Marcos centro urbano de Abegondo



Rocha quere converter a San Marcos no Centro Urbano e Administrativo de Abegondo

Abegondo, 21 de maio de 2007.- O candidato da Agrupación Progresista de Abegondo e alcalde, Juan José Rocha propón no programa económica da súa formación política que o Núcleo de San Marcos no centro administrativo e de servizos do municipio. Segundo recolle o Programa da Agrupación de Abegondo, San Marcos Ten que ser o que xa debeu de ser hai moito tempo. Debe ser o referente, converterse dun xeito claro e preciso no impulsor da implantación dos servizos que carece Abegondo ó non contar cun núcleo urbano consolidado que ofreza os servizos que a cidadanía e a sociedade demanda en calquera concello.

Segudo o programa de Apda “Ademais de contar con edificios que ofrecen servizos públicos (Concello, Garda Civil, entidades bancarias, Centro de Ensino, farmacia, centro de saúde, gasolineira…), debemos apostar porque o núcleo de San Marco, se vaian construíndo, aperturando novas rúas, amplas. Dotalo de espazos suficiente para aparcadoiros; espazos libres de esparcemento e xogos para os residentes e os visitantes.
Debemos defender ó mesmo tempo unha construción de calidade, onde en Abegondo se sintan de xeito confortable.

Coa aposta definitiva e decidida de converter a San Marcos como a referencia urbana de Abegondo, conséguese ademais as seguintes vantaxes e ofertas seguintes ós cidadáns:

1.- Os mozos e persoas que non poidan ou non queiran construirá unha vivenda unifamiliar, teñan a opción de residir nun edificio de vivendas colectivas a un prezo máis barato.

2.- Coa construción de edificios, haberá oferta de baixos comerciais (hoxe en día non hai
oferta ningunha, ó non existiren). Así, os traballadores autónomos terán opción de instalar o seu negocio, ó igual que as mulleres emprendedoras ou empresas que queiran apostar por Abegondo para a implantación das súas sedes.

3.- Potenciarase unha rede de servizos que hoxe en día carece Abegondo, debido á falta precisamente dun asentamento urbano debidamente planificado e ordenado.”

Por un Abegondo novo. Por un Abegondo para todos

5 comentarios:

Anónimo dijo...

a metade das cousas que dis aqui nin ti o crees!!!!!!!!!!parade de decir que vades facer todas estas cousas porque non tedes un duro...
ainda que coa subida que lle metestes ó lixo....poderiades facer algo e coas maravillosas becas de estudiantes moito non gastastes.....porque non pagan nin un mes de transporte

Anónimo dijo...

Vamos por partes, podoche asegurar que tanto o alcalde como os que imos con el, CREMOS que o que se debe facer en San Marcos e o que esta exposto aqui.
Respecto o de que non se poden facer tantas cousas porque non temos un duro...decirche que Rocha non esta decindo que os edificios os vaia construir o concello, nin montar os locais comercias, e se o PXOM se pon en marcha unha vez que a Xunta o aprobe contariase xa con cartos das licencias urbanisticas que se foran otorgando para construir, e con eses ingresos poderianse facer os parques, as aceras, as calles...
Respecto a subida do lixo, informarche que non lla meteu o Concello de Abegondo, senon o Consorcio das Mariñas que e o que leva ese tema.
Respecto o das becas e evidente que son pequenas e que o ideal era que fosen maiores, pero tampouco os ingresos do Concello de Abegondo son os que ten a Xunta ou o Estado, como para poder dar becas que cubran todolos estudios, simplemente tratan de ser unha axuda.

Anónimo dijo...

Si sabes q non hai un duro, pq t queixas da cuantía das becas? Si che parece pouco, tes a opción de non solicitala.

Anónimo dijo...

Pero como vai a sabelo se non é estudiante. Nin quere selo !!!!

Anónimo dijo...

E ti estudiante... qué notas sacaches no último curso? Qué queres ser de maior? Ti que és?