jueves, 24 de mayo de 2007

APdA co Deporte para todos

Juan José Rocha propón varias medidas para a xestión óptima das instalacións deportivas municipais


Abegondo, 24 de maio de 2007.- O candidato da Agrupación Progresista de Abegondo e alcalde do concello, Juan José Rocha, propón no programa do seu partido político varias medidas para a xestión óptima das instalacións deportivas municipais. A construción dunha piscina climatizada, e a construción dun albergue para peregrinos en Presedo son algunhas das propostas programáticas dos progresistas de Abegondo que inclúe tamén:

- Piscina cuberta e climatizada, coa instalación de paneis solares na cuberta do Pavillón Municipal de San Marco. (Tramitación mediante unha concesión a longo prazo a unha empresa que xestione o servizo; previo abono da totalidade da obra).
- Concesión á empresa, para atención de horarios de apertura, peche de piscina climatizada, limpeza de instalacións e atención de servizo de despacho de bebidas e comida a usuarios tanto da piscina cuberta, como do polideportivo, ximnasio e centro de saúde.
- Construción de complexo deportivo de Pistas de Pádel en Mabegondo (inmediacións do campo de fútbol), con instalacións anexas de vestiarios, aparcadoiros e servizo de bar e restaurante.
- Solicitar o acondicionamento e a limpeza do Camiño de Santiago.
- Solicitar á Xunta de Galicia a construción dun albergue para peregrinos en Presedo.
- Construción de parques infantís nas distintas parroquias.
- Instalación e posta en marcha dunha emisora local de radio.


Por un Abegondo novo. Por un Abegondo para todos

No hay comentarios: