miércoles, 23 de mayo de 2007

O emprego de calidade

Rocha aposta polo desenvolvemento do tecido empresarial e a formación como camiño para a creación de emprego de calidade

Abegondo, 22 de maio de 2007.- O alcalde de Abegondo e candidato á alcaldía pola Agrupación Progresista de Abegondo, Juan José Rocha, aposta polo desenvolvemento do tecido empresarial, o apoio a os emprendedores e a formación para a creación do emprego de calidade en Abegondo. Para Rocha a capacidade fomentar a implantación de procesos e transformación de productos de alto valor engadido son o camiño que seguen as sociedades maís puxantes económicamente e Abegondo ten que coller este tren.

Neste sentido a Agrupación Progresita de Abegondo propón a os veciños e emprendedores unha batería de propostas para a transformación e a modernización do municipio. Entre as iniciativas que propoñen os progresistas de Abegondo está:

- Apoio ó desenvolvemento do tecido empresarial que hai no concello e fomento da creación e desenvolvemento de novas iniciativas, así como o apoio a tódolos veciños emprendedores. (habilitar polígono empresarial para empresas existentes que queira mellorar as súas instalación a un prezo accesible do solo).

- Axudas ás empresas para a contratación indefinida.

- Organizar anualmente unha Feira con empresas innovadoras e de novos empresarios e emprendedores.

- Punto de información laboral e de seguridade social dirixido ós empresarios e autónomose veciños en xeral do Concello.

- A elaboración dun Plan de Prevención de Riscos Laborais para o Concello, dirixido ós pequenos e medianos empresarios, coa organización de cursos de prevención.

- Plan de Prevención en materia de incendios forestais.

- Implantación de Punto de Información dixital en colaboración co INEM.

- Desenvolver coa Consellería de Traballo a implantación do novo programa “Bolsas do

Tempo”, co intercambio de profesionais e traballadores entre empresas.

- Impartición de cursos de formación e concienciación dos cidadáns sobre medidas a adoptar tendentes ó aforro enerxético.

- Fomento da implantación de instalacións de enerxías renovables en vivendas e empresas.

- Instalación e posta en marcha na oficina de Desenvolvemento Local, programasconxuntos de ofertas e demandas de traballo en Abegondo e na bisbarra.

As persoas interedas en coñecer o programa poden solicitalo a calquer candidato da Agrupación Progresita de Abegondo ou consultalo en www.apdabegondo.blogspot.com.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

O xenio impideme pasar por alto os comentarios que está a facer un/unha anonimo/a, estiven a repasa-los un por un e podo aporta-los seguintes datos:
-O día 21 escribiu 3 entradas, 1 ás 03:19, 2 ás 03:20 e 3 ás 03:24.
-O día 22 escribiu 5 entradas, 1 ás 03:15, 2 ás 03:24, 3 ás 03:28, 4 ás 03:31 e 5 ás 03:32.
Só aporto os datos dos 2 últimos días, anteriormente xa entrou para escribir os seus comentarios cheos de lóxica e razón; a maioria dos escritos non superan a dúas frases e en todos eles só se ocupa de menosprezar o programa da agrupació n progresista e arremeter, incluso insultar, a Fátima. En un dos teus sabios comentarios preguntas si creen que os demais sodes subnormales, eles non sei o que pensan eu creo que ti non chegas nin a ser subnormal(con todo-los meus respetos para a xente que padece síndrome de Down). Porqué lle estás a facer o traballo sucio a Miramontes? Págache ben ou fas esto polo bocadillo? Dades pena dende antes de comezar a campaña o único que sabedes facer é andar tapados, non fixéstedes nin 1 só mitin para non ter que dar a cara e supoño que usaredes o fin de campaña para seguir mentindo e que o día despois non se poidan rebatir as vosas trapalladas por ser día de reflexión. Miramontes, a sua tropa de universitarios, empresarios e ti , sodes uns cobardes.

Fe8 dijo...

Antes de nada decir que non teño nada que ver con APdeA, coñezo algún membro da candidatura o mesmo que de outras candidaturas, nin siquera ideoloxicamente (supoñendo que sexa a mesma que mantiñan cando eran membros do PP)temos moito que ver, e non poderei votar ahí, son nado no concello pero actualmente resido en outro. Pero o igual que a Manolo de Abegondo lle roia o xenio, a min tamén.

Dame a impresión de que en Abegondo alguien está nervioso, do contrario non entendo mensaxes do estilo de “Rocha vaite” “A Rocha non o elexiron alcalde” e outros que van no mesmo camiño. Decirlle a este comunicante que si Roche e o actual alcalde e por que alguien o incluiu nunha lista, que se presentou as eleccións e que o alcalde que había renuncio o seu cargo.¿Alguien me pode decir por qué o Santiso renunciou o cargo? ¿Alguien me pode decir que aportou o concello de Abegondo a renuncia do Sr. Santiso? En Espanha, non esquezamos, votamos a unha lista da cal salen elexidos tantos como o número de votos o permitan e no orden inscritos en dita lista. Polo tanto dende o meu punto de vista Rocha e un lexitimo alcade. Si o fixo ven o mal o diran os veciños de Abegondo dentro de dous días.

O peor que pode ter un politico e non ter ideas, o APdeA polo menos mostra un programa con ideas, que logo as poida facer ou non o tempo o dirá si antes os cidadans lle dan a sua confianza. Lein, malamente, pois a linguaxe SMS non vai conmigo, os mensaxes dun anonimo que realmente non aportan nada, parecen dunha persoa sin experiencia ningunha, sin ideas, que ante a falta de esta recurre o uso do insulto detrás dun anonimato, que el seguramente sepa que no e tal, en internet queda case todo rexistrado e tes que ter alguns coñecementos a maiores que a mairia dos que navegamos para burlar todo eso, así que seguramente si alguien quere, pode saber dende donde se escriben todos esos mensaxes que no caso dos insultos poden ser constitutivos de delito.

Por último pedir un pouquiño de cordura, deixarse de insultos e aportar as ideas de cada quen pero sin menospreciar as do adversario que en política parece que todo o que penso eu está ben o que pensa o adversario está mal, eu creo que no e así.

Saudos, perdón por este tocho e que o domingo gañe o que mais o mereza que non sempre e así.

Antón V.

Anónimo dijo...

Gracias Fe8 pola tua aportacion a esta paxina, non sabes cando se agradece un pouco de cordura e ver que hai xente que e capaz de expresarse con libertade e sin insultar os demais.
Non te imaxinas a miña sorpresa cando o martes entro na blog e vexo sobre a miña persoa comentarios do tipo de:
"...das asco, eres insoportable, ojala nunca gobiernes, eres una lameculos de Santiso, tienes dos caras, no escribas mas que ya estamos hasta el culo de leerte..."
E cando digo a miña sorpresa precisamente refirome o que ti pos no teu msx, e que non entendo como alguien se arrisca a insultarme nunha blog a que eu teño determinados "accesos" como membro da APdeA que son, porque non nos olvidemos que e a nosa blog, e que me permiten que a esta hora xa sepa quen e a persoa que mandou as msx, ¿igual lle pareceu que como poñia anonimo xa ninguen ia saber que e ese anonimo?
Pois simplemente decirlle agora dende aqui, que mire no codigo penal que e unha inxuria e que e unha calumnia, e cales poden ser as penas (de multa e ata de carcel) por cometer estes delitos nun foro publico, e que pense ben o que pon antes de volver a escribir porque se pode meter nun lio, xa que unha cousa e que se den argumentos e otra ben distinta son os insultos gratuitos sin ningunha explicacion.
Para min na politica NON TODO VALE, e eu pode ser moi dura e moi critica cas formas politicas de actuar de calquer candidato, ou co seu estilo de goberno, pero eso non me da dereito a chamarlle asqueroso ou lamecus.
Politicamente o que valen son os argumentos e non as frases sin contido.
Serenemos os animos que o mundo vai seguir circulando a partir do 27 de maio gañe quen gañe as eleccions, e todos somos veciños e imonos ter que ver as caras.

Anónimo dijo...

Duas cousas mais:

1- Invitarvos maña o peche de campaña da ApdeA na finca os Loureiros de Abegondo a partir das 8 da tarde.

2-PEDIRVOS O VOTO PARA A APdeA, o proximo dia 27 de maio, por moitas razons pero fundamentalmente por estas:
-Porque estamos ilusionados en facer cousas por e para Abegondo,
-Porque cremos no noso proxecto de futuro sobre Abegondo.
-Porque no noso programa electoral se fan unha serie de apostas importantes e de futuro.
-Porque criticamos politicamente o que tiñamos que criticar pero non insultamos persoalmente a nadie.
-Porque lle demos a oportunidade o sr.Santiso de ter un debate publico con nos e non nos aceptou xa que e moito mellor falar o ultimo dia e a ultima hora para deixarnos sin dereito a replica, el que nunca nos ia criticar habera que ver o que fai no seu peche de campaña...
-Pero por encima de todas estas razons, eu persoalmente pido o voto para a APdeA, por J.Rocha, pola sua valentia o facerse cargo do concello de Abegondo no momento en que marchou o Sr.Santiso, pola sua lealdade ata o ultimo momento hacia o seu ex-compañeiro sr.Santiso, por todo o que leva aguantado nestes dos ultimos anos pero sobre toda las cousas pq para min e o mellor alcalde posible para que Abegondo cambie e se convirta NUN ABEGONDO NOVO ("distinto o pasado reciente"9, E NUN ABEGONDO PARA TODOS, non solo para uns cuantos privilexiados.

VOTADE APdeA.