Diante dos últimos acontecementos que está a vivir a Corporación Municipal de Abegondo, e en concreto, o goberno municipal; logo de sair en distintos medios de comunciación, a suposta detención dunha concelleira, así coma doutros cidadadáns do municipio, a AGRUPACION PROGRESISTA DE ABEGONDO (APdeA), quere manifestar o seguinte:
1.- Que estamos diante dun asunto suficientemente sensible e importante, según se está a recoller por distintos medios de comunciación, polo que se quere transmitir prudencia, cautela e pacencia necesaria ata que as autoridades pertinentes rematen o procedemento iniciado.
2.- Estamos a falar, mentres que non se demostre o contrario, de supostos, e de presuncións, de actos ou/e actividades de persoas, que por razóns de cargos públicos que ostentan, están a repercutir de maneira mais notable e ostensible nos medios de comunicación.
3.- Que a Agrupación Progresista de Abegondo non vai a facer ningunha valoración da situación que se está a suscitar sobre o asunto que está a sair nos últimos días nos medios de comunciación, ata que se levante o segrego do sumario e se saiban datos concretos e fiables.
4.- A Agrupación Progresista de Abegondo, pode asegurar que non está, nin nunca estivo detrás das hipotéticas denuncias que se fixeron neste caso que está agora latente na política municipal de Abegondo. No caso de fora así, a APdeA recoñeceríao públicamente.
5.- A vista das informaciós que se están a publicar en distintos medios de comunicación, onde precisamente se está fomentando a idea, de forma, aparentemente intencionada, por parte do Alcalde, o Sr. Santiso Miramontes e de algunha outra persoa mais, de intentar derivar "a culpabilidade" de todo o que está acontecendo no seo do goberno municipal de Abegondo á APdeA, esta formación política quere puntualizar o seguinte:
* Que a APdeA non está detrás de ningunha denuncia relativa ó asunto da Concelleira do Concello de Abegondo, Dna. Cristina Rabón.
* Que dadas as reiteradas manifestaciós públicas que se están a facer en distintos medios de comunicación por parte do Sr. Alcalde de Abegondo, o Sr. Santiso Miramontes, ademais doutros cidadáns, sobre este asunto, apuntando a AGRUPACION PROGRESISTA DE ABEGONDO, como a incitadora desta situación co fin de desprestixiala pública e políticamente diante dos veciños de Abegondo; a APdeA reservarse a posibilidade de pedir as oportunas responsabilidades a todas aquelas persoas que tenten deteriorar a imaxen, tanto do colectivo da APdeA, como de calquer membro que pertenezca a ela, así de forma tan gratuita, sen ningún tipo de fundamento.
6.- A APdeA fará unha comparecencia pública para facer unha valoración deste asunto unha vez que se levante o segrego do sumario e fagan as súas comparecencias públicas o Alcalde do Concello, o Sr. Santiso Miramontes, así como a Concelleira Dna. Cristina Rabón.
7.- Mentras tanto, a APdeA, sigue a estar espectante do traballo cotidiano que está a desenvoler o actual goberno municipal; do cal lle pedirá explicaciós no vindeiro pleno ordinario que se ten que celebrar o día 17 de marzo do 2010. A vista do deterioro do estado actual do goberno municipal e a paralise total que hai nos asuntos mais importantes por resolver; estase a barallar a posibilidade de solicitar a intervención dalgunha autoridade que poida solventar, momentaneamente, a xestión do goberno municipal, dado o grave e avanzado deterioro existente na xestión municipal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario