viernes, 22 de enero de 2010

Sarandós.- Outra chapuza mais do goberno de Santiso Miramontes


O goberno municipal de Abegondo presido por Santiso Miramontes, acaba de executar unhas obras na parroquia de Sarandós, nas inmediación da igrexa parroquial, as cales están a causar polémica e trastornos ós veciños.

Esta obra foi executada dentro do Plan E, a cal inicialmente estaba prevista o acondicionamento da rampa de acceso, así como a pavimentación e acondicionamento de dous terreos colindantes, propiedade do Arzobispado de Santiago de Compostela e do Concello de Abegondo.

Este terreo é destinado como aparcamiento de vehículos ó estar nas inmediaciós da igrexa parroquial de Santa María de Sarandós, así como a celebración das festas parroquiais e a Romaría que se celebra no mes de setembro.

Coa chegada do goberno de Santiso Miramontes, procedeu, sen consultar a ninguén á modificación do proxecto inicialmente aprobado; cambiando sustancialmente o obxecto e a filosofía das obras proxectadas en principio.

Abriuse un vial en zona rústica e nunca zona de protección da igrexa parroquial, sendo terreos propiedade do Arzobispado de Santiago de Compostela. Tamén anularon a rampa de acceso de vehículos existente (a cal sí estaba en terreos municipais), así como unhas escaleiras que daban acceso dende a zona de aparcamiento ó adro.

Dende hai unha semana, apareceu atrancado o paso de vehículos nos dous extremos do no novo vial aberto, o cal vai a supoñer unha certa incomodidade ós veciños de Sarandós e feligreses que se acheguen ó adro parroquial.

A APdA vai a solicitar unha copia do proxecto modificado para poder comprobar que as obras coinciden co proxecto. En caso contrario solicitarase unha inspección por parte de responsables do goberno central.



1 comentario:

Anónimo dijo...

Buffff