lunes, 3 de enero de 2011

Plan Xeral de Ordenacion Municipal de Abegondo

PLAN XERAL DE ORDENCION MUNICIPAL DE ABEGONDO

A Agrupación Progresista de Abegondo (APdeA), quere informar ós veciños das seguintes cuestións:


- O prazo para presentar alegacións ou reclamacións remata o día 19 de xaneiro de 2011. Non esperar ó ultimo día.

- O goberno municipal negouse reiteradamente a levar ás parroquias os planos e o resto da documentación; para poder ser consultado deste xeito tamén, por aquelas persoas que poideran estar interesados e que lles sexa dificultoso achegarse ata a Casa Consistorial.

- Tamén se negaron a facer charlas informativas nas parroquias sobre o contido do Plan Xeral, coartando así o dereito que teñen os veciños a estar informados de primeira man polo goberno municipal e polo equipo redactor.

- Dende a APdeA aconséllase que todas aquelas personas que estén interesadas en presentar algunha reclamación ou suxerencia, que o fagan asesorados por técnicos en materia de urbanismo, tanto se son avogados como arquitectos.

- As alegaciós presentadas, deben de ser contestadas e razonadas cada unha delas; independientemente de que sexan aprobadas ou non.

Neste momento hai que ter claro que estase no proceso inicial da aprobación do Plan Xeral, pero antes de que entre en vigor, necesariamente deberán de pasarse uns trámites que o goberno municipal non está informando ós veciños.

Estos trámites pasan por ter todos os informes favorables da Xunta de Galicia (ademais de Urbanismo, tamén de Medio Ambiente e de Carreteras). Tamén son necesarios informes de Augas de Galicia e o Ministerio de Fomento, entre outros.

Por eso, os veciños deben de ter claro, que o Plan Xeral non vai a entrar en vigor ata que pasen varios meses, como mínimo; e sempre e cando todos e cada un dos informes vaian sendo favorables.

O Plan Xeral para que entre en vigor ten que ser aprobado pola Xunta de Galicia.

Mantédevos informados con persoas e profesionais que sexan especialistas no tema.

No hay comentarios: