viernes, 6 de abril de 2007

Rocha presenta mañá a Agrupación Progresista de Abegondo

Abegondo, 6 de abril de 2007.- O alcalde de Abegondo, Juan José Rocha, ten previsto asistir a un acto público este sábado, día 7, ás 20.30 horas no que presentará a Agrupación Progresista de Abegondo –ApdeA-, a nova formación coa que concorrerá ás eleccións municipais de maio. O sábado, Juan José Rocha dará as razóns polas que el e mais os seus compañeiros de goberno tomaron a decisión de dar vida a un novo proxecto político para Abegondo.

A reunión vai ter lugar nos locais da cervexería A Boa Estrela de Mabegondo- Abegondo-. Para facilitar o traballo dos medios de comunicación, conscientes das dificultades que presenta a data elixida, o alcalde estará a disposición dos medios entre as 17.00 horas e as 18.00 horas do día e hora sinalado para a presentación da Agrupación Progresista de Abegondo.

No hay comentarios: