O concello de Abegondo xa ten a súa disposición o INFORME SOBRE A RESOLUCIÓN DA SOLICITUDE DO INFORME PREVIO A APROBACIÓN INICIAL DO PXOM DO CONCELLO DE ABEGONDO, realizado polo equipo redactor de dito plan, Férnandez Carballada y Asociados S.L.
Neste informe o citado equipo redactor xustifica documentalemente, as decisións tomadas a hora de elaborar o PXOM que se envio a Xunta no mes de maio do 2006.
No final do documento elaborase unha comparativa a través de distintos planos e a modo de exemplo, de algunhas das propostas que o equipo redactor introducía no PXOM enviado a Xunta no 2006, e a resposta que deu a Xunta a través do Informe previo o PXOM do Concello de Abegondo no mes de xullo deste ano.
Para poder acceder a este INFORME SOBRE A RESOLUCIÓN DA SOLICITUDE DE INFORME PREVIO, basta con "pinchar aquí":
e dentro deste no cuadro que recolle a opción de INFORME PXOM.
martes, 14 de agosto de 2007
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Esto está mais parado que o Ave a Galiza.
Entendo que non tedes nada que por na páxina, pois de outro xeito non se entende que en mes e madio non acontecera nada que suliñar.
Menos mal que a páxina de www.abegondo.es mantense o día e informa puntualmente do que acontece, pero non permite participar os que a lemos por internet, unha magoa.
Bueno, non teño mais nada que dicir, seguide así que cada vez entreremos menos y acabaremos por esquecernos deste blog tan activo noutros momentos. ¿Cecais naqueles tempos conviña e agora non? Sinto ser tan duro con vos pero espero que o entendades.
Saudos cordiais (coma sempre)
Antón V.
Publicar un comentario