viernes, 25 de enero de 2008

LEXATÍN, SR.SANTISO, LEXATÍN

É un consello que eu lle dou dende aquí, tomese algún que outro lexatín, e se ve que non lle cae ben este ansiolítico, tamén ten a opción de irse relaxar uns días a un balneario, que penso que esta terapia xa a debe coñecer por aquelo de que vostede mesmo lla recomendou nun pleno a un dos membros actuais do Goberno, para que se relaxase.

E digo todo esto, porque penso que vostede e os seus xa se están empezando a poñer nerviosos, por aquelo de que estamos en precampaña as eleccións xerais e pasadas estas, en menos de un ano, xa estaremos en precampaña das autonómicos e parece que ao PP as enquisas non llo "pintan" ben. E claro, ¿que será do ex-ministro de Galicia, se o PP non gaña e ten que volver pa escola?...A verdade que a vida é ben dura.

Nos últimos días ese estado ansioso-nervioso de voráxine preelectoral, está facendo que Santiso e os seus acrecenten a súa actividade adicándose a dar roldas de prensa moi interesantes a par que vergonzantes, alucinantes, e outras moitas cousas que acaban en "antes".

Céntrese Sr.Santiso, que como non se vaia o balneario ou compre o Lexatín vai acabar volvéndose tolo, porque realmente, entendo que, debe ser moi complicado manter a cabeza en equilibrio cando un fai unhas cousas durante anos e anos e despois di outras totalmente distintas e ademais parece que incluso as di convencido e crendo nelas.

¿Como pode vostede e aqueles que o acompañan, perder os nervios e a cabeza de tal xeito que se atreva a falar e xuzgar o actual goberno de abegondo como autor de "ilegalidades urbanísticas"?
¿Como pode siguer a voltas co campo de Futbol de Vizoño, despois da que lles contou a xogadores e directiva nun bar do noso concello, 3 días antes das eleccións municipais?
¿Como pode falar de débedas do concello sin poñerse colorado?

Por si acaso, a razón está nunha perdida de memoría súa e dos que o siguen, vou tratar eu dende aquí de que a recuperen lendo estas líneas explicativas os seus comentarios:

1-Ilegalidades Urbanísticas: Sr. Santiso, recorde que hai un Sr. de profesión FISCAL, que leva meses recabando información e adicándose a decir nos papeis que él firma que cando vostede, si vostede, José Antonio Santiso Miramontes, era alcalde hai indicios mais que provados de que se cometeron delitos reiterados de prevaricación en materia urbanística. Volte a realidade, que xa sabemos todos que esté Sr. debe ser moi "mala persoa" para ocurrirselle destapar estas cousas en vez de ver todo o que vostede fixo por e para Abegondo e as súas xentes, e por e para Galicia como Ministro. Pero bueno, siga vostede se quere nos mundos de yuppi dos aforados autonómicos.

2-Campo de Futbol de Vizoño: Sr. Santiso, recorde como o día 24 de maio do 2007, a 3 días das eleccións municipais, vostede foi cear ca directiva e xogadores do Vizoño a un bar do Concello, e lles dixo en base a un papel que levaba na man e que soupo "manipular informativamente" o seu antoxo, que o campo non se ía empezar, se era o caso que se empezaba, como moi pronto ata finais de novembro do 2007, e eso mesmo tivo a osadía de repetilo no seu mitín de peche de campaña na Flor de Montouto, si, ese mitín onde vostede ía revelar as grandes verdades universais. E resulta que, como o tempo pon a cada un no seu lugar, incluídos os mentireiros, pois o Campo de Futbol de Vizoño non é que non se empezara ata fins de novembro, senon que nesa data xa estaba rematado. E ese tema escócelle e escócelle, porque volve unha e outra vez sobre él. Ata me da que pensar que se a herba non fora artificial se animaria vostede a facerlle unhas calvas para dificultar o xogo. !Que vergonza, de verdade!

3-Débedas do Concello: Sr. Santiso, recupere o xuicio, porque de verdade que o feito de que vostede reincida no tema das débedas so pode deberse a que pense que os cidadáns de abegondo se baban de tontos que son, ou a que é vostede o que comenza a babarse. Acaso ¿non recorda quen é un tal Carro de Onís ou un tal Vidal de Sarandós ou outros moitos mais así?, ¿non recorda que na campaña das municipais do ano 1995 se afaltaron eiras a esgallo, e incluso algunha outra cousa que non eran eiras e marchou vostede no 2004, casi unha década despois e o asfaltado das eiras seguía sin pagar? Por favor, non nos trate de tontos, non o faga, que se equivoca, porque o pobo é sempre moito mais sabio do que parece e non perdoa gratuítamente.

Bueno, creo que pouco mais hai que decir, e espero que agora todo o mundo entenda o título deste comentario (lexatín, Sr.Santiso, lexatín), porque se os desvaríos políticos desta xente non se deben os nervios e a ansiedade por acadar o poder e non melloran co lexatín, imos apañados.

11 comentarios:

Anónimo dijo...

Parece ser, según comentarios que hay por Abegondo, que despues de que el Sr. Fraga la solicitara, llegando a la súplica, para que se incorporara al gobierno gallego, con objeto de salvar a Galicia; luego el pueblo de Abegondo le pidió que se presentara a las municipales del 2007 (supuestamente galicia ya estaba salvada); ahora es la comunidad escolar de Abegondo la que le está pidiendo que vuelva.
De momento el Sr. Santiso no ha dicho nada sobre el asunto.
Veremos que hace.

Fe8 dijo...

A pesar de estar escrito en castelán, esta mensaxe ten moita retranca galega...

Saúdos.

Anónimo dijo...

Ó Sr.Santiso o que lle preocupa, e non nos últimos tempos se non xa dende antes das eleccións, é o campo de futbol do vizoño; deben ter ben pouco que facer!!
Ignoro se a industria da madeira ten algo que ver.

Anónimo dijo...

Si, o campo de futbol de Vizoño parece a única preocupación que non deixa dormir a Miramontes, e non o entendo, porque xa nos mentiu no seu mitín na Flor, decindo que non iba a facerse o campo polo menos ata comenzos do 2008 e resulta que agora que o campo está rematado dende fai meses, el sigue machacando co tema, sin ser capaz de recoñecer que mentiu.

Anónimo dijo...

Si, parece ser que está muy preocupado con el campo de fútbol de Vizoño. Según se comenta por la zona no puede estar estos días con los vecinos porque estaba de viaje en Zaragoza, o en Asturias. Este último detalle está todavía sin confirmar.

Anónimo dijo...

Estou prerplexa de cantas tonterías se escriben aqui. Que saiban os que escriban eiqui que as antigas alumnas de Pepe (Santiso) estamos para facer unha asociación. E lamentable que se pretenda poñer en duda a figura como unha persona asi. Douno todo, e nos, as alunas que somos o que somos gracias a el, teremolo sempre presente.
ANIMO PEPE!! ESTAMOS CONTIGO!!!

Anónimo dijo...

Pois vostede saiba que os abegondeses que levamos anos sen poder construir neste concello, e que non quixemos que se nos pasara obligatoriamente por debaixo do "carro", tamen estamos para facer unha asociación...de afectados por suposto!
Asegúrolle que nos tamén o quixeramos ter sempre presente...Amen!!

Anónimo dijo...

Non se pode quitar as cousas de contexto, entendo eu a Santiso agora o que lle preocupa son as contas e o presuposto. O demais son lerias Ademais vai poñer un pouco en orden as supostas irregularidades contables. Seguro.

Anónimo dijo...

Si seguro. Seguro que Santiso va a poner en orden ahora lo que no dio puesto en orden en 10 años que fue alcalde. Segurísimo además.

Juan J. Rocha dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Anónimo dijo...

Hoxe lin na prensa atónita que o sr Eladio vai presentar a sua dimisión, e eso era visto... non sei si está Santiso metido neso ou non, pero era visto, o Sr Rocha non vale para ser alcalde, o BNG vendeuse por dous postos de traballo, así que é o que nos queda.. Rocha á oposicion, e o resto a traballar.
SR Rocha... vaille facer falta a vostede o lexatín, e sobre todo dormidina... porque no ncreo que teña vostede a conciencia tranquila co paxaro que vostede é.