viernes, 29 de enero de 2010

Centros Sociais en Folgoso e Vilacoba.- Outra demora sen xustificar.


A Agrupación Progresista de Abegondo denuncia a pasividade do goberno municipal de Abegondo para escomenzar as obras de construcción dos Centros Sociais nas parroquias de FOLGOSO e VILACOBA.


Dentro das innumerables preguntas que dende a Agrupación Progresista de Abegondo (APdeA) se lle ven facendo ó goberno municipal presidido polo Sr. Santiso Miramontes, figura a causa pola demora na tramitación diante da Xunta de Galicia, dos expedientes de autorización preceptivo que son necesarios para a construcción dos Centros Sociais das parroquias de Folgoso e de Vilacoba.

Como de todos é ben sabido, non hai resposta, nin verbal nin por escrito. Seguimos estando á espera de que algún día se dignen a dar os mínimos nunca democracia, que é INFORMACION.

Cando este goberno municipal chegou ó poder, por medio da moción de censura do 20 de abril de 2009, atoparonse cunha chea de obras aprobadas e coa financiación suficiente para escomenzar de xeito inmediato a súa execución. (Da situación que se atopaban estos proxectos xa se daba conta ós veciños nunha carta enviada a tódolos domicilios don data 16 de marzo de 2009)

Pois ben. No caso dos Centros Sociais de Folgoso e Vilacoba a situación a 20 de abril de 2009 era a seguinte:

Centro Social de Vilacoba.- Proyecto de obra aprobado polo Concello de Abegondo e pola Deputación Provincial. Incluído no Plan de Obras e Servizos do ano 2008.- Importe total: 70.493,59 euros. Pendiente de autorización por parte da Xunta de Galicia ó estar situado en Solo Rústico. Despois de 9 meses de goberno municipal de Santiso Miramontes non hai indicios de escomenzo das obras, nin sabemos si se remitiu a pertinente documentación e informes as dependencias de Urbanismo da Xunta de Galicia.

Centro Social de Folgoso.- O igual que o anterior, foi aprobado polo Concello de Abegondo e pola Deputación Provincial de A Coruña. Importe total: 60.724,77 euros. Incluído no Plan de Obras e Servizos do ano 2008.- Tamén pendente de autorización da Xunta de Galicia. Neste caso estabase a tramitar a preceptiva deliilitación de Solo de Núcleo (de A Igrexa). Unha vez aprobada esta delimitación pola Xunta, o Concello ten vía libre para executar as obras. Despois de 9 meses non sabemos nin siquera se foi tramitado o expediente de delimitación de núcleo. De ser así, a demora podería ser de anos para ver executada a obra finalmente.

Dende a APdeA, moito nos tememos que o Sr. Santiso Miramontes está tentando demorar estas e outras obras, co fin de dar a entender que é froito da súa xestión a execución das obras.

Pero como a realidade e a verdade non ten mais que un camiño, dende que aquí queremos, unha vez mais, facer chegar ós cidadáns de cómo se atoparon as cousas o Sr. Santiso Miramontes e de cómo as están xestionando.

Agardemos tamén que os veciños, neste caso das parroquias de Vilacoba e Folgoso sexan coscientes da situación que está xenerando o actual goberno municipal sobre esta cuestión.

lunes, 25 de enero de 2010

Expulsados de Abegondo a cuadrilla contra incendios forestais da Xunta de Galicia


EXPULSION DO GRUPO CONTRA INCENDIOS FORESTALES DAS INSTALACIÓS DE PROTECCION CIVIL DE ABEGONDO


A Agrupación Progresista de Abegondo (APdeA) quere poñer de manifesto o rexeitamento á actuación que tivo o goberno municipal de Abegondo liderado por Santiso Miramontes, co motivo da expulsión do local municipal de Protección Civil, situado en San Tirso de Mabegondo, no lugar de O Monte, ó grupo permanente que o Servizo Provincial de Incendios tiña na sede de Abegondo dende hai 2 anos.

O anterior goberno municipal asinou un acordo cos responsables do Servizo de Incendios de Betanzos (ó cal está adscrita a cuadrilla permanente de Incendios todo o ano para a comarca), no cal se plasmaba a vontade do goberno municipal de colaboración institucional entre o Concello de Abegondo e a Xunta de Galicia, para poñer a disposición da grupo de intervención de incendios a base situada en San Tirso de Mabegondo, podendo ser compartida co grupo municipal de Protección Civil, ó existir espazo suficiente para elo.

Deste xeito Abegondo viña a estar reforzado na prevención de incendios coa presencia permanente deste grupo na base en Abegondo coa sua correspondente dotación de vehículos e ferramenta e incluso poder coordinador os trabajos entre os dous grupos (protección civil de Abegondo e a cuadrilla contra incendios forestais da Xunta de Galicia)

Coa chegada de Santiso Miramontes ó goberno municipal, logo da moción de censura, ás poucas semanas, por medio do Concelleiro de Protección Civil, Pedro A. Sánchez Taboada, solicitoulles a entrega inmediata das chaves do local municipal, sen dar mais explicaciós e dando a calada por resposta por parte do primeiro mandatario local.

Diante desta actitude despótica, o grupo contra incendios viuse amparado polo Alcalde de Carral, o cal ofreceu unhas instalaciós situadas nas inmediación do polígono industrial de Carral, para reubicarse dentro da comarca.

Dende a APdeA queremos manifestar e poñer de manifesto públicamente unha vez mais o xeito e as formas despóticas que ten Santiso Miramontes e os seus concelleiros á hora de facer, ver e entender a política municipal.

De aquí en adiante serán os responsables, polo menos moralmente, das posibles demoras que teña nos seus desprazamentos este grupo dentro no término municipal de Abegondo; e ó mesmo xeito felicitar ó Alcalde de Carral pola prontitude que solventou á hora de atoparlles unha ubicación idónea.

viernes, 22 de enero de 2010

Sarandós.- Outra chapuza mais do goberno de Santiso Miramontes


O goberno municipal de Abegondo presido por Santiso Miramontes, acaba de executar unhas obras na parroquia de Sarandós, nas inmediación da igrexa parroquial, as cales están a causar polémica e trastornos ós veciños.

Esta obra foi executada dentro do Plan E, a cal inicialmente estaba prevista o acondicionamento da rampa de acceso, así como a pavimentación e acondicionamento de dous terreos colindantes, propiedade do Arzobispado de Santiago de Compostela e do Concello de Abegondo.

Este terreo é destinado como aparcamiento de vehículos ó estar nas inmediaciós da igrexa parroquial de Santa María de Sarandós, así como a celebración das festas parroquiais e a Romaría que se celebra no mes de setembro.

Coa chegada do goberno de Santiso Miramontes, procedeu, sen consultar a ninguén á modificación do proxecto inicialmente aprobado; cambiando sustancialmente o obxecto e a filosofía das obras proxectadas en principio.

Abriuse un vial en zona rústica e nunca zona de protección da igrexa parroquial, sendo terreos propiedade do Arzobispado de Santiago de Compostela. Tamén anularon a rampa de acceso de vehículos existente (a cal sí estaba en terreos municipais), así como unhas escaleiras que daban acceso dende a zona de aparcamiento ó adro.

Dende hai unha semana, apareceu atrancado o paso de vehículos nos dous extremos do no novo vial aberto, o cal vai a supoñer unha certa incomodidade ós veciños de Sarandós e feligreses que se acheguen ó adro parroquial.

A APdA vai a solicitar unha copia do proxecto modificado para poder comprobar que as obras coinciden co proxecto. En caso contrario solicitarase unha inspección por parte de responsables do goberno central.



martes, 19 de enero de 2010

Obras na parroquia de Sarandós. Un caos do goberno municipal de Santiso Miramontes

Posta en funcionamento do Saneamento en Sarandós e Damil (Figueroa).- Dende hai meses están paralizadas as obras da posta en funcionamento da estación de bombeo situada en Aquelabanda, na parroquia de Sarandós; por orden de Santiso Miramontes, sen dar ningún tipo de explicaciós ós veciños nin ó Concello de Carral (ó estar compartida esta obra con este concello).

O mesmo tempo non permitiu ata ó de agora facer as obras da acometida electrica da estación de bombeo, ó non concederlle a pertinente autorización municipal á empresa eléctrica encargada dos traballos.

Con esta actitude de Santiso Miramontes, está causando graves perxuicios tanto á empresa adxudicataria como ós usuarios potenciais deste importante servizo, dos núcleos de Aquelabanda e Calle (na parroquia de Sarandós), así como os de Damil en Figueroa. Ademais está perxudicando a mais de 2.000 usuarios do núcleo de Carral que tamén se verán beneficiados destas obras; onde a depuradora situada en Santaia de Cañás será compartida a súa xestión entre ámbolos dous Concellos.


Acondicionamento do campo da festa e aparcadoiro no Adro de Sarandós.- Esta obra foi unha das que deixou a APdeA incluída no Plan Zapatero. Coa chegada de Santiso Miramontes ó goberno municipal cambiou radicalmente o proxecto inicialmente previsto, e executou unha chapuza que estimamos raia a ilegalidade, por canto que abriu un camiño en un terreo que non é municipal (propiedade do Arzobispado de Santiago de Compostela), e suprimindo un acceso que xa estaba construído de acceso ó Adro dende o aparcadoiro. Nestos momentos o novo vial construído está atrancado que non permite o acceso rodado ó estacionamento de vehículos, causando as consecuentes molestias dos cidadáns que se achegan ás inmediaciós da igrexa parroquial de Santa Maria de Sarandós.

Ante a gravedade destas dúas cuestión a APdeA esixirá explicaciós no Pleno do día 20 de xaneiro de 2010 así como de outras relativas a distintas obras executadas nos últimos meses.

Por outra banda, solicitarase por escrito autorización para poder ter acceso a distintos expedientes de contratación de obras e a entrega da documentación pertinente solicitada. No caso de que o goberno municipal de Abegondo denegue ou faga caso omiso ás reiteradas peticiós que se veñen facendo de varios asuntos, APdeA reservase o dereito de exercer as acciós legais pertinentes de forma inmediata diante dos organismos administrativos e xudiciais competentes, contra os integrantes do goberno municipal e os funcionarios responsables dos expedientes.

jueves, 7 de enero de 2010

QUEDESE, SR. SANTISO!!, QUEDESE.

O que a continuación se publica, é unha carta aberta que dende a APdeA se lle mandou o Sr. Santiso Miramontes no mes de febreiro de 2009 por medio da prensa.
Agora, en xaneiro de 2010, síguese mantendo esa mesma carta, co mesmo contido e co mesmo significado.

"Quédese Sr. Santiso!!, Quédese", é un canto a que precisamente se quede QUE NON DIMITA, porque fai falta na vida política en activo actual en Abegondo esta persoa.

Vai a ter que seguir dando conta do seu e mais dos seus, aínda que non o queira nin o desexe. A verdade é única e invariable. Tempo o tempo.

A continuación repoducese a carta aberta en cuestión:


"¡Quédese Sr. Santiso, quédese!

Lamento moito, pero non me sorprende nada, Sr. Santiso que siga facendo unha política tan pouco produtiva para os veciños de Abegondo. Sigue tan confundido con esta actividade pública, como é o exercicio da política que raia o ridículo. Sigue a dedicarse a intrigar entre bastidores, a intentar crear confusión, a fomentar dimes e diretes Vostede non cambiou nada, nin vai a cambiar nada.

Vostede non aporta nada creativo, nada positivo. Vostede non sabe o que é o compañerismo, traballar en equipo, a lealtade o compromiso colectivo, a verdade, a realidade. Vostede vai por libre, pensando que os demais non teñen sentido, nin olfato, nin vista, nin oido nin tacto; porque vostede só pensa en vostede e para vostede. Vostede pensa en primeira persoa do singular; por eso e por moitas cousas mais é unha persoa singular.

Vostede minte, que eso sí o sabe facer moi ben, cando manifesta que hai división entre os membros da Agrupación Progresista de Abegondo. E eu, dígolle que para nada de eso é verdade e que ningún o quere a vostede como Alcalde de Abegondo, Sr. Santiso.Convénzase dunha vez. Non minta, nin lle minta ós seus. Vostede está nunha situación que se cree as súas propias mentiras.

Dedíquese ós seus, a coidar dos seus; que como ben recoñeceu nun pleno, acusou ós seus compañeiros de que lle sustraeran documentación que vostede sacou oficialmente deste concello e que dou pé para despois denunciar a veciños deste Concello, entre eles, a algún membro do Partido Popular de Abegondo. ¿Recórdase, Sr. Santiso? Vostede non é capaz nin de respetar ós seus colaboradores.

Eu non vou a dimitir de Alcalde de Abegondo porque vostede mo pida. E mais, incluso vexo unha petición natural que como membro da oposición teña que facer. Polo menos fai algo, porque a verdade moito mais non fixo nestes dous anos que leva de concelleiro, cuestión que por outra parte non me extraña cando vostede mesmo, e de forma pública recoñece que non pega golpe no Parlamento de Galicia e na Televisión de Galicia. Penoso, Sr. Santiso. Así lle vai.

¡Quédese Sr. Santiso, quédese! Que sería da política municipal sen vostede. "