sábado, 27 de febrero de 2010

Crise no goberno municipal de Abegondo.

Diante dos últimos acontecementos que está a vivir a Corporación Municipal de Abegondo, e en concreto, o goberno municipal; logo de sair en distintos medios de comunciación, a suposta detención dunha concelleira, así coma doutros cidadadáns do municipio, a AGRUPACION PROGRESISTA DE ABEGONDO (APdeA), quere manifestar o seguinte:
1.- Que estamos diante dun asunto suficientemente sensible e importante, según se está a recoller por distintos medios de comunciación, polo que se quere transmitir prudencia, cautela e pacencia necesaria ata que as autoridades pertinentes rematen o procedemento iniciado.
2.- Estamos a falar, mentres que non se demostre o contrario, de supostos, e de presuncións, de actos ou/e actividades de persoas, que por razóns de cargos públicos que ostentan, están a repercutir de maneira mais notable e ostensible nos medios de comunicación.
3.- Que a Agrupación Progresista de Abegondo non vai a facer ningunha valoración da situación que se está a suscitar sobre o asunto que está a sair nos últimos días nos medios de comunciación, ata que se levante o segrego do sumario e se saiban datos concretos e fiables.
4.- A Agrupación Progresista de Abegondo, pode asegurar que non está, nin nunca estivo detrás das hipotéticas denuncias que se fixeron neste caso que está agora latente na política municipal de Abegondo. No caso de fora así, a APdeA recoñeceríao públicamente.
5.- A vista das informaciós que se están a publicar en distintos medios de comunicación, onde precisamente se está fomentando a idea, de forma, aparentemente intencionada, por parte do Alcalde, o Sr. Santiso Miramontes e de algunha outra persoa mais, de intentar derivar "a culpabilidade" de todo o que está acontecendo no seo do goberno municipal de Abegondo á APdeA, esta formación política quere puntualizar o seguinte:
* Que a APdeA non está detrás de ningunha denuncia relativa ó asunto da Concelleira do Concello de Abegondo, Dna. Cristina Rabón.
* Que dadas as reiteradas manifestaciós públicas que se están a facer en distintos medios de comunicación por parte do Sr. Alcalde de Abegondo, o Sr. Santiso Miramontes, ademais doutros cidadáns, sobre este asunto, apuntando a AGRUPACION PROGRESISTA DE ABEGONDO, como a incitadora desta situación co fin de desprestixiala pública e políticamente diante dos veciños de Abegondo; a APdeA reservarse a posibilidade de pedir as oportunas responsabilidades a todas aquelas persoas que tenten deteriorar a imaxen, tanto do colectivo da APdeA, como de calquer membro que pertenezca a ela, así de forma tan gratuita, sen ningún tipo de fundamento.
6.- A APdeA fará unha comparecencia pública para facer unha valoración deste asunto unha vez que se levante o segrego do sumario e fagan as súas comparecencias públicas o Alcalde do Concello, o Sr. Santiso Miramontes, así como a Concelleira Dna. Cristina Rabón.
7.- Mentras tanto, a APdeA, sigue a estar espectante do traballo cotidiano que está a desenvoler o actual goberno municipal; do cal lle pedirá explicaciós no vindeiro pleno ordinario que se ten que celebrar o día 17 de marzo do 2010. A vista do deterioro do estado actual do goberno municipal e a paralise total que hai nos asuntos mais importantes por resolver; estase a barallar a posibilidade de solicitar a intervención dalgunha autoridade que poida solventar, momentaneamente, a xestión do goberno municipal, dado o grave e avanzado deterioro existente na xestión municipal.

lunes, 8 de febrero de 2010

Resumen Xaneiro do 2010.- Santiso Miramontes sigue sin querer contestas ós Rogos e Preguntas que se lle fan nos Plenos do Concello de Abegondo

SANTISO MIRAMONTES SIGUE SIN QUERER CONTESTAR OS ROGOS E AS PREGUNTAS QUE SE LLE FAN NOS PLENOS

Visto o visto e a actitude do alcalde e dos concelleiros do goberno municipal no pasado Pleno celebrado o 20 de Xaneiro de 2010, a Agrupación Progresista de Abegondo (APdeA), ten que saír de novo poñendo de manifesto a intolerable e esperpéntica, por non decir bochornosa actitude que tiveron na celebración do mesmo.

Despois de facer mais de 10 preguntas sobre asuntos de interés para os veciños do Concello de Abegondo, a actitude convérstese xa nunha situación onde seguramente alguén vai a ter que poñer mans sobre o asunto ou asuntos que non queren contestar e polo tanto que non queren que saiban os veciños de Abegondo.

Non dán explicaciós de ningún tipo, entre outros, sobre os seguintes asuntos:

1.- Demora na tramitación do expediente de delimitación do núcleo de A Igrexa (Folgoso), para poder obter autorización da Xunta de Galicia, para a construcción do CENTRO SOCIAL DE FOLGOSO. O proxecto está aprobado de hai mais de un ano.

2.- Demora na tramitación do expediente de autorización por parte da Xunta de Galicia, para a autorización en Solo Rústico para a construcción do CENTRO SOCIAL DE VILACOBA. O igual que o anterior está aprobado dende hai mais de un ano.

3.- Non contestan a nada referido ós traballos que está a facer ou que puidera ter feitos o equipo redactor do PLAN XERAL, dende abril de 2009 (dende que se fixo a moción de censura). Como xa se informou, o anterior goberno municipal tiña preparada a RESCISION DO CONTRATO, dado o grave incumprimento nos prazos por parte do equipo redactor. Contabase para esta rescisión co informe favorable da Secretaria, do Interventor e do Asesor Xurídico en materia urbanística. Con todo eso, o goberno de Santiso Miramontes, amplioulle o prazo e aumentoulle o importe do contrato. E O UNICO QUE SABEMOS. Despois do resto, nada.

4.- Teñen paralizadas as obras da acometida electrica da ESTACION DE BOMBEO en Sarandós, para que se poida poñer en funcionamento o Saneamento en Aquelabanda, Calle, Carral e Damil. Houbo unha paralización expresa por parte do Alcalde e ten empatanada á empresa adxudicataria dos traballos, así como un pouco cabreados ós da Xunta de Galicia, que non saben que facer con este Alcalde. Xa veremos que é o que saca da manga agora con este despropósito.

5.- As obras no ESPAZO PUBLICO DE SARANDOS, ó lado da Igrexa. Non queren contestar o por qué cambiaron o proxecto co que se atoparon cando fixeron a moción de censura. Abriron un camiño e pavimentarono en propiedade do Arzobispado. Elminaron a rampa de acceso que había para o aparcamiento dos vehículos e suprimiron as escaleiras que daban acceso ó adro. Agora apareceu cortada esta nova vía e non poden aparcar os coches.

6.- Non queren contestar das xestiós e do compromiso adquirido polo alcalde para solucionar os problemas da SINALIZACION da estrada de Betanzos ó Mesón do Vento, en concreto en San Tirso de Mabegondo, Abegondo e Montouto.


Referido ás obras do Plan Zapatero; a Agrupación Progresista de Abegondo (APdeA), solicitou por escrito a entrega dunha copia dos proxectos de ACONDICIONAMENTO DE ESPAZOS PUBLICOS NAS PARROQUIAS DE CULLERGONDO, MONTOUTO E SARANDOS, para poder comprobar que as obras executadas se fixeron conforme ó proxecto e coas autorizaciós oportunas.

Tamén se lles solicitou copia dos proxectos do ACONDICIONAMENTO DOS CENTROS SOCIAIS DE O NARANXO (ABEGONDO) E O DO CENTRO PARROQUIAL DE SAN TIRSO DE MABEGONDO, así como O PABELLON CUBERTO NO CAMPO DA FEIRA DE ABEGONDO, para poder comprobar que as obras están rematadas e conforme a proxecto.

INVASION DUN CAMIÑO PUBLICO EN SOUTO DO VAL (MABEGONDO).- Tamén se lle pediu información sobre os traballos efectuados de recuperación e pavimentación dun camiño público en Souto do Val (San Tirso de Mabegondo), o cal fora invadido e tomando posesión do terreo de forma unilateral por un ciudadano que ten unha casa nas súas inmediaciós.
No momento da moción de censura había un expediente no que se trataba de demostrar que ese camiño era público e polo tanto repoñelo ó seu estado orixinal. Como parece lóxico eses traballos deberían de ser abonados por parte do causante (que neste caso non foi o Concello de Abegondo).
Visto como está executada a obra, moito nos tememos que o que tiña que pagar a restitución do camiño e os danos causados tería que ser a persoa que causou esta situación (e dende logo o Concello de Abegondo non foi). Resultaría paradóxico que agora con cartos de todos, o Sr. Santiso Miramontes tente solucionar un problema que orixinou un cidadán e non lle pase a conta. (De ser así, esta actitude xurídicamente ten un nome, que polo de agora non imos a decir cal é, ainda que hai moitos cidadáns que de seguro xa a están imaginando).
Veremos que documentación nos aporta sobre o asunto; e mais tendo en conta que hai uns meses o Concelleiro de Urbanismo, o Sr. Alberto Seoane Brandariz nun Pleno dixo que non sabían nada do tema porque o expediente estaba EXTRAVIADO. Mal van con semellantes argumentos. (Neste caso lembrar que o Secretario ten como encomenda, entre outros, a custodia dos expedientes adminsitrativos).

No caso de que non haxa unha entrega inmediata a APdeA non vai a demorarse en adoptar as medidas legais pertinentes para que este goberno se poña as pilas e cumpra coas súas obrigaciós, entre elas a de informar ós veciños e ós Concelleiros, independientemente de que fagan as cousas ben, mal ou regular. E senón, xa saben, para a casiña ou a vacilar a outro lado.

Se quere seguir informado da actividade da APdA sigaa en

www.apdabegondo.blogspot.com