Si, así foi. Xa non querían que a Agrupación Progresista de Abegondo se presentara ás elecciós municipais. Non só lles valía difamar, mentir, desestabilizar por tódolos medios, incluso a nivel laboral, a nivel privado..., típico das mellore series televisivas..., que por desgracia non ten na de ficción. Esa foi a realidade, e sigue sendo a realidade.
A política en Abegondo, seguramente coma en moitos outros sitios, pensarán moitos, é lixo, é bafazofia, é corrupción, é medo, é intereses ocultos.... E seguramente algo de razón tamén han de ter todos/as que pensan así. De tódolos xeitos, hai, e debe de haber, algún elementos diferenciadores, tanto en Abegondo, como en Camerún, en Fernando Poo, ou onde sexa..... Un desos elementos diferenciadores é o sentido común, é a lealtade, é o compromiso con un mesmo, é a necesidade de ser un mesmo...., para logo poder ser algo de cara ós demais.
Non se pode ter un sentido do servizo público, se previamente non se sinte interiormente, non se palpa, non se nace con él, ou canto menos non se vai un adestrando nese medio, nese mundo. Calquera que poida facer un esforzo, por pequeno que sexa, en beneficio dalguén, sexa individual ou de cara a un grupo, a cambio de nada...., de principio xa podería ser un bó candidato para poder exercer un servizo público (como é o caso de cargos públicos/políticos).
Non hai nada novo en Abegondo. Nada. Vai todo según o previsto. Cada pobo ten, ó longo dos tempos nin mais nin menos que o que vai colleitando. En Abegondo, como non é sitio distinto a ningures, ainda non se recollen fabas onde se planta millo, nin nunca eso ocurrirá.
Algún día chegará en que haberán colectivos, evidentemente compostos de elementos (individuos), nativos ou non, pero que sintan Abegondo como parte deles mesmos, mais aló das fronteiras dos prados e dos montes que nos viron nacer, mais aló do que nos alcanza a mirada cando temos tempo a facelo, mais aló do bache que nos desperta tódolos días ou da "farola que no alumbra" (no sé si es porque no tiene gas o por que és....).
Algún día haberá alguén, que poida poñer o que hai que poñer, para que haxa economía, e non precisamente da "sumerxida", propia e xenerada en Abegondo. Non a economía dos trileros e dos farsantes de pouco monta que con tal de contar unha sarta de mentirijillas, ou unhas risotadas, ou unhas apertas ou palmadas na espalda, xa nos vaiamos mais contentos que uns "pepes", e ..., ale!!!, todos mais contentos que deus!!
Algún día terá que haber innovadores, terá que haber emprendedores, terá que haber homes e mulleres que lles interese algo mais que o que poida estar ocurrindo de parcela para adentro das súas casas, capaces de dar un paso ó frente, sabedores de antemán que o primeiro que van a levar vai a ser a satisfacción de estar orgullos de sí mesmos; sen necesidade de terse que sentir orgullos en nome de ninguén mais....
Algún día a París de Noia, ou a Panorama, xa non serán necesarias para poder satisfacer a sede que nos ten desecados a todos. Algún día haberá familias, con renome ou sen él, honestas e traballadoras, serias e oportunas, fiables e serviciables, con compromiso certo e palpable; que aporten a esta sociedade abegondesa o seu mellor patrimonio...., ó servizo dos demais, e por suposto ó seu propio (só faltaría)...., e daquela..., cando chegue ese día un novo olor a frescura rondará polos prados e vales deste concello que non é nin mellor nin peor que calquera outros sitios.
E o que é, e sobre todo vai a ser o que nos queiramos que sexa. Que ninguén se encolla pensando que esta historia non vai con él/ela.....
Algún día claro que sí, deixaremos de "cortar o xamón con javillos", e seremos capaces de cambiar algo, aínda que sexa cambiar os javillos polos jadaños (algo é algo). Tampouco é cuestión de agardar comelo xamón en mantel e con servilletas de tela, así tan de repente.
As miserias do ser humano están sempre latentes, e o caso é ser capaces de telas sempre no lado de atrás. A poder ser.
Aquí deixamos o enlace do BOE, onde o se publicou no ano 2007 a Setenza do TRIBUNAL CONSTITUCIONAL, onde facultou á Agrupación Progresista de Abegondo a poder presentarse ás elecciós municipais logo de que un Tribunal de A Coruña, estaba pola labor de deixar fora a APdeA, por aquelo da Lei da Paridade.
http://www.boe.es/boe/dias/2007/06/08/pdfs/T00045-00049.pdfIREMOS PUBLICANDO MAIS ZANCADILLAS que ó longo do tempo tentaron aniquilar por tódolos medios a Agrupación Progresista de Abegondo.