sábado, 28 de abril de 2007
A Verdade e o Respecto ás Persoas sempre por diante
viernes, 27 de abril de 2007
Dous ex alcades non asistiron ao Día da Terceira Idade
domingo, 22 de abril de 2007
A candidatura
Catro concelleiros do actual equipo de goberno acompañan a Rocha na candidatura da Agrupación Progresista de Abegondo
A Vicepresidenta de Novas Xeracións de Abegondo integrase no número cantro da candidatura
Abegondo, 22 de abril de 2007.- O Alcalde de Abegondo e candidato pola A AGRUPACION PROGRESISTA DE ABEGONDO (APdeA), Reuniuse hoxe, pola mañá, cos seus compañeiros e compañeiras de candidatura para facer a foto oficial da lista electoral o completo que vai concorrer as eleccións municipais do 27 de maio.
A candidatura está composta por sete mulleres e nove homes e tiene una media de edad de 34 años. Os integrantes da candidatura representan a un segmento de idade da población abegondesa que aposta polo cambio nas formas e no fondo de entender a política local de Abegondo.
Xunto con Juan José Rocha, integran a lista catro dos membros do actual equipo de goberno, Víctor Bestilleiro Vilas; concelleiro de Servizos Sociais, Carlos Santiago Soto, concelleiro de Obras; Gemma Salgado Pérez, concelleira de Medioambiente e Javier Méndez Carro, concelleiro de Auga Potable e Saneamento. Tamén se integra na lista a Vicepresidenta de Novas Xeracións do Partido Popular de Abegondo Fátima Insua López, como número catro da candidatura da Agrupación Progresista de Abegondo.
A Agrupación Progresista de Abegondo APdeA, nos próximos días dará a coñecer as líneas básicas do programa electoral que recollerá a xestión realizada nos últimos años, así como as propostas para a próxima lexislatura.
Por un Abegondo novo. Por un Abegondo para todos
viernes, 20 de abril de 2007
Previsión informativa
Abegondo, 20 de abril de 2007.- Este domingo, día 22, ás 12.00 horas, os integrantes da candidatura da Agrupación Progresista de Abegondo reuniranse no Campo da Feira de San Marcos para facer a foto oficial da campaña e mais para atender os medios de comunicación.
Por un Abegondo novo. Por un Abegondo para todos
jueves, 19 de abril de 2007
As mulleres e os homes de APdeA
Juan José Rocha manifestou que os seus compañeiros apostan polo cambio nas formas e no fondo de facer política en Abegondo
Abegondo, 19 de abril de 2007.- A AGRUPACIÓN PROGRESISTA DE ABEGONDO APdeA, presentou na Xunta Electoral de Zona de Betanzos onte a candidatura para as eleccións municipais que van ter lugar o próximo día 27 de maio. O representante da candidatura e candidato á alcaldía, Juan José Rocha Carro, compareceu nas oficinas dos xulgados de Betanzos. A candidatura da APdeA foi unha das primeiras formacións políticas que fixo oficial a súa lista no partido xudicial de Betanzos.
A candidatura está composta por sete mulleres e nove homes e ten unha media de idade de 34 anos. Os integrantes da candidatura representan a un segmento de idade da poboación abegondense que aposta polo cambio nas formas e no fondo de entender a política local de Abegondo.
A Agrupación Progresista de Abegondo APdeA, nos próximos días dará a coñecer as liñas básicas do programa electoral que recollerá a xestión realizada nos últimos anos, así como as propostas para a próxima lexislatura.
RELACIÓN NOMINAL:
NOME E APELIDOS Lugar - Parroquia
1.- JUAN JOSÉ ROCHA CARRO ABEGONDO
2.- VÍCTOR BESTILLEIRO VILAS MONTOUTO
3.- CARLOS SANTIAGO SOTO COS
4.- FÁTIMA MARÍA INSUA LÓPEZ FOLGOSO
5.- GEMMA MARÍA SALGADO PÉREZ CRENDES
6.- MARÍA JOSÉ MAZÁS ÁLVAREZ LEIRO
7.- JAVIER MÉNDEZ CARRO MEANGOS
8.- JUAN MANUEL CASTELO VÁZQUEZ VIZOÑO
9.- PEDRO ABA VARELA MABEGONDO
10.- MARÍA PILAR VILAS PRADO FIGUEROA
11.- ROBERTO ANTONIO GÓMEZ LESTA VILACOBA
12.- MARÍA LUCÍA PITA SAYA LIMIÑÓN
13.- JOSÉ IGNACIO PARDO ALONSO CERNEDA
1º Suplente 14.- SONIA VARELA SUÁREZ MEANGOS
2º Suplente 15.- PAULA GÓMEZ APARICIO BORDEL- SARANDÓS
3º Suplente 16.- ANTONIO GÁNDARA VARELA VIÓS
miércoles, 18 de abril de 2007
Declaracións de Víctor Bestilleiro
O ex alcalde é o culpable de que os máis novos non poidan construír a súa vivenda no municipio
Víctor Bestilleiro, vai máis aló e asegura que a mala xestión como alcalde levou ao Concello a quedar sen normas subsidiarias o que rematou por levar á parálise total do desenvolvemento económico e social municipio. O caos ao que someteu Santiso o urbanismo do municipio é o causante de que moitas persoas novas non poidan construír o seu fogar na súa terra e teñan que buscar vivenda en concellos limítrofes. O que Bestilleiro cualifica como unha sangría social, cultural e económica para Abegondo, xa que é a xente con máis necesidade de saír adiante, máis preparada a que ten que marchar.
Canto ás promesas do parque empresarial e vivendas para a xente nova, segundo o voceiro da Agrupación Progresista de Abegondo, é todo papel mollado. Un exemplo máis do comportamento demagóxico de Santiso que só busca o seu medre personal a través a política, como xa ten demostrado coa traizón que lles fixo aos seus ex compañeiros de partido.
jueves, 12 de abril de 2007
Rocha exixe o candidato conservador que marche para a casa
O alcalde de Abegondo e candidato ás eleccións municipais pola Agrupación Progresista de Abegondo, Juan José Rocha, mantivo hoxe unha comidad de traballo con periodistas no Restaurante El Pantano, en Orto. Na xuntanza Rocha recordou que a xestión do anterior alcalde colapsou o desenvolvemento económico e social do Concello.
Esta cuestión, xunto coa traizón que o actual candidato do PP fixo a os seus compañeiros son, segundo Rocha, motivos suficientes para exixir ao candidato conservardor que dunha vez por todas “marche para a casa” e intente actuar con un mínimo de dignidade política. Carlos Soto, Concelleiro de Obras e ata o momento presidente do Comité Local do Partido Popular, dixo durante o encontro cos medios, "se nos fixo esto o os que traballamos por él e fumos os seus compañeiros que nos lle fará a os votantes".
domingo, 8 de abril de 2007
Presentación APdA
O programa de APdeA vaise centrar en Abegondo, nos seus veciños e en potenciar as grandes oportunidades do municipio
Para Rocha a dirección dos grandes partidos antepón intereses alleos a Abegondo vulnerando a vontade dos veciños
A calidade de vida e o respecto ao Medio son claves para conseguir un desenvolvemento harmónico de Abegondo
Abegondo, 7 de abril de 2007.-O Alcalde de Abegondo, Juan José Rocha, presenta esta tarde a Agrupación Progresista de Abegondo, partido político co que concorre como candidato á alcaldía nas eleccións municipais, que se van celebrar o vindeiro 27 de maio. O acto de presentación da nova formación política tivo lugar, ás 20.30 horas desta tarde, nos locais da cervexaría A Boa Estrela de Mabegondo -Abegondo- Máis dun cento de veciños do municipio acompañaron a Juan José Rocha e mais aos seus compañeiros que integran a lista da Agrupación Progresista de Abegondo.
Entre as persoas que compoñen a lista do actual alcalde de Abegondo, son seguros varios concelleiros do actual grupo de goberno. Rocha sinalou, durante a súa intervención, que o acto de hoxe é soamente unha presentación da Agrupación Progresista de Abegondo e que o nome dos demais candidatos, aspirantes a formar o próximo goberno municipal, chegará con tempo suficiente para que os veciños poidan coñecelo con total transparencia e de primeira man.
Canto á xustificación da necesidade de concorrer ás elección municipais, Juan José Rocha, asegurou que a el e mais aos seus compañeiros nos lles quedou outra, logo de que a dirección provincial do Partido Popular se volvera atrás na súa pública palabra e a dirección rexional ratificara e apoiara a traizón do actual candidato popular para cos seus compañeiros durante anos no partido e no goberno local.
Así, o alcalde sinalou que a Agrupación Progresista nace con vocación de grupo político de Abegondo e para Abegondo. A nosa acción política, sinalou Rocha durante a súa intervención, vaise centrar en Abegondo e non imos ter que facer equilibrios nin soportar imposicións das estruturas dos partidos alleos ao noso pobo. O alcalde dixo ademais que a folla de ruta do partido van marcala os veciños e os seus lexítimos intereses económicos, culturais e sociais
Plan Xeral
No que toca á situación política que está a vivir o Concello, Rocha ten o convencemento de que as direccións dos grandes partidos teñen claudicado ante os intereses e a presión urbanística. Desgrazadamente Abegondo non escapa a estas circunstancias, unha debido á súa pertenza á área metropolitana dunha grande cidade de Galicia, e dúas, debido á falta de valor político do seu antecesor na alcaldía, que non foi quen de sacar adiante o Plan Xeral de Ordenación Urbana. A falta deste documento normalizador e ordenador do solo ten atrasado dun xeito totalmente mensurable o desenvolvemento do municipio.
Rocha salientou, durante a súa intervención no acto de presentación de APdA, que o Plan Xeral de Ordenación Urbana é un dos obxectivos que ten marcado a Agrupación Progresista de Abegondo. Xa como alcalde, Rocha tivo que cesar o anterior equipo redactor e contratar outro servizo técnico, que en menos de dous anos presentou o PXOM ante a Xunta. Esto é o que Rocha entende por traballo e a xestión, fronte aos que teñen argumentos que buscan soamente o descrédito político e persoal dos que foron seus compañeiros.
O programa da Agrupación Progresista será feito público nunhas semanas, e nel ademais do urbanismo, recóllense propostas para potenciar a calidade de vida nos maiores, iniciativas para fomentar o estudo e o acceso ao emprego á mocidade e as políticas activas de incorporación da muller a todos os eidos da sociedade. No programa tamén aparece, xunto coa solución tradicional para o mundo da empresa de crear só atractivo para o investimento, a necesidade de crear os instrumentos legais necesarios para a implantación de actividades económicas relacionadas coas novas tecnoloxías e coa investigación e o desenvolvemento (I+D+D).
Ser capaces de fomentar un crecemento dentro dos parámetros da sostibilidade é outro dos compromisos polos que vai traballar a Agrupación Progresista de Abegondo. Así, que os novos teñan a posibilidade de levantar o seu fogar no seu concello, que as infraestruturas e servizos estean deseñados para un Abegondo con calidade de vida, un Abegondo para traballar, para vivir, para disfrutar, son metas que necesariamente temos que acadar entre todos, ombro con ombro, man con man e coa flexibilidade mental suficiente que nos permita unir as nosas vontades por un obxectivo común, un Abegondo do que estean orgullosos os nosos fillos e os nosos netos.
Rocha, na súa intervención, fixo un chamamento pedindo o apoio para a Agrupación Progresista de Abegondo e dixo que “aquí non sobra ningunha persoa de boa vontade con ganas de traballar e ninguén ten que sentirse fóra por ningunha cuestión ideolóxica, nas eleccións municipais dun concello onde nos coñecemos todos están sempre antes as persoas que calquera outra cuestión”. Rocha rematou dicindo que cre na política feita desde o sentido común, as boas maneiras, o respecto aos adversarios, os fondos compromisos democráticos, a liberdade e na que o desánimo non existe cando se traballa polas cousas que de verdade valen a pena.
Somos os mesmos
O alcalde de Abegondo, tamén tivo unhas palabras para a militancia e os votantes do Partido Popular de Abegondo, e afirmou que a Agrupación Progresista de Abegondo é a súa casa. Nós somos os mesmos que hai un mes e imos seguir a ser os mesmos despois do 27 de maio. Nós non mudamos a nosa forma de pensar no substancial, simplemente nos adaptamos a unha situación que nos vén imposta, non nos quedou outra alternativa. Rocha agradeceu a presenza das persoas que lle teñen mostrado o seu apoio nas horas máis difíciles da súa vida política.
Agradeceu o labor dos medios de comunicación e os seus traballadores, aos que cualificou de buscadores da verdade e de pezas fundamentais para denunciar os excesos do poder político. Sen non fose por eles ao mellor os de Abegondo cargabamos con que nos impoñían de riba sen case darnos conta. En boa parte, isto non está sendo así grazas á prensa.
Ver noticia en La Opinión
Ver noticia en El Ideal
Ver noticia en La Voz
Ver noticia en El Metropolitano
sábado, 7 de abril de 2007
viernes, 6 de abril de 2007
Rocha presenta mañá a Agrupación Progresista de Abegondo
A reunión vai ter lugar nos locais da cervexería A Boa Estrela de Mabegondo- Abegondo-. Para facilitar o traballo dos medios de comunicación, conscientes das dificultades que presenta a data elixida, o alcalde estará a disposición dos medios entre as 17.00 horas e as 18.00 horas do día e hora sinalado para a presentación da Agrupación Progresista de Abegondo.