A Agrupación Progresista de Abegondo oficializou a súa candidatura ás eleccións de maio
Juan José Rocha manifestou que os seus compañeiros apostan polo cambio nas formas e no fondo de facer política en Abegondo
Juan José Rocha manifestou que os seus compañeiros apostan polo cambio nas formas e no fondo de facer política en Abegondo
Abegondo, 19 de abril de 2007.- A AGRUPACIÓN PROGRESISTA DE ABEGONDO APdeA, presentou na Xunta Electoral de Zona de Betanzos onte a candidatura para as eleccións municipais que van ter lugar o próximo día 27 de maio. O representante da candidatura e candidato á alcaldía, Juan José Rocha Carro, compareceu nas oficinas dos xulgados de Betanzos. A candidatura da APdeA foi unha das primeiras formacións políticas que fixo oficial a súa lista no partido xudicial de Betanzos.
A candidatura está composta por sete mulleres e nove homes e ten unha media de idade de 34 anos. Os integrantes da candidatura representan a un segmento de idade da poboación abegondense que aposta polo cambio nas formas e no fondo de entender a política local de Abegondo.
A Agrupación Progresista de Abegondo APdeA, nos próximos días dará a coñecer as liñas básicas do programa electoral que recollerá a xestión realizada nos últimos anos, así como as propostas para a próxima lexislatura.
RELACIÓN NOMINAL:
NOME E APELIDOS Lugar - Parroquia
1.- JUAN JOSÉ ROCHA CARRO ABEGONDO
2.- VÍCTOR BESTILLEIRO VILAS MONTOUTO
3.- CARLOS SANTIAGO SOTO COS
4.- FÁTIMA MARÍA INSUA LÓPEZ FOLGOSO
5.- GEMMA MARÍA SALGADO PÉREZ CRENDES
6.- MARÍA JOSÉ MAZÁS ÁLVAREZ LEIRO
7.- JAVIER MÉNDEZ CARRO MEANGOS
8.- JUAN MANUEL CASTELO VÁZQUEZ VIZOÑO
9.- PEDRO ABA VARELA MABEGONDO
10.- MARÍA PILAR VILAS PRADO FIGUEROA
11.- ROBERTO ANTONIO GÓMEZ LESTA VILACOBA
12.- MARÍA LUCÍA PITA SAYA LIMIÑÓN
13.- JOSÉ IGNACIO PARDO ALONSO CERNEDA
1º Suplente 14.- SONIA VARELA SUÁREZ MEANGOS
2º Suplente 15.- PAULA GÓMEZ APARICIO BORDEL- SARANDÓS
3º Suplente 16.- ANTONIO GÁNDARA VARELA VIÓS
Por un Abegondo novo. Por un Abegondo para todos
2 comentarios:
vaia lista ten o señor rocha.pode estar orgulloso.debeu ir arrapiñando por ahi o que nadie quixo.porquese miramontes fose por algun deles xa iban no aire verdad fatima????????
Si ooooooh, o Sr.Santiso Miramontes, pode confirmarvos cantas veces o chamei e lle mandei msjs pedindolle que non se esquencera de min...pero como se esquenceu menos mal que me recolleu Rocha...
Esto e para troncharse, as veces penso se algun dos anonimos que escribe aqui fala en serio o esta de coña????
Neste momento e coas formas que empregou Santiso para voltar, non iria na sua lista inda que mo pedira de rodillas, e sin dubida houbera contado Rocha ou non conmigo para a sua candidatura, o que e seguro e que ia contar conmigo para axudarlle no que fixera falta durante a campaña.
Publicar un comentario