miércoles, 18 de abril de 2007

Declaracións de Víctor Bestilleiro


O voceiro de APdA asegura que Santiso é o responsable do caos urbanístico que sofre Abegondo


O ex alcalde é o culpable de que os máis novos non poidan construír a súa vivenda no municipio

Abegondo, 18 de abril de 2007.- O concelleiro do Concello de Abegondo e voceiro da Agrupación Progresista de Abegondo, Víctor Bestilleiro, quere saír ao paso das declaracións feitas polo candidato do Partido Popular Santiso Miramontes o pasado domingo en La Voz de Galicia. Así, a Bestilleiro parécelle unha tomadura de pelo a todos os veciños de Abegondo que Santiso diga agora que o Plan Xeral é unha cuestión prioritaria cando despois de case dez anos como alcalde non foi quen de sacar adiante o plan de ordenación urbana.


Víctor Bestilleiro, vai máis aló e asegura que a mala xestión como alcalde levou ao Concello a quedar sen normas subsidiarias o que rematou por levar á parálise total do desenvolvemento económico e social municipio. O caos ao que someteu Santiso o urbanismo do municipio é o causante de que moitas persoas novas non poidan construír o seu fogar na súa terra e teñan que buscar vivenda en concellos limítrofes. O que Bestilleiro cualifica como unha sangría social, cultural e económica para Abegondo, xa que é a xente con máis necesidade de saír adiante, máis preparada a que ten que marchar.


Canto ás promesas do parque empresarial e vivendas para a xente nova, segundo o voceiro da Agrupación Progresista de Abegondo, é todo papel mollado. Un exemplo máis do comportamento demagóxico de Santiso que só busca o seu medre personal a través a política, como xa ten demostrado coa traizón que lles fixo aos seus ex compañeiros de partido.


8 comentarios:

Anónimo dijo...

la culpa para los demas pero yu tambien estabas ahi eh!!!!! asique no lo eches toda la culpa a santiso .....

Anónimo dijo...

Por suposto que cada quen ten que cargar ca sua culpa, nadie o dubida, pero a Victor do que se lle pode culpar no tempo que leva de concelleiro e de que os Servicios Sociais do Concello foran mellor ou peor, pero non do caos urbanistico, primeiro pq nunca foi membro da comision de goberno nin levou a concelleria de urbanismo o longo destes 4 anos, e segundo porque un caos urbanistico como o que hai nestes intres en Abegondo, non o producto do resultado do traballo dun par de anos, senon que suele ser resultado dunha xestion nefasta "urbanisticamente falando" de bastantes anos mais que dous.
Asi que repito, cada un que cargue co seu que Victor bastante tera con cargar cos posibles erros cometidos na sua concelleria se e que os houbo.

Anónimo dijo...

mira fatima estoy hasta el culo de ti.
ojala no entres en gobierno nunca

Anónimo dijo...

tes toda a razon anonimo

Anónimo dijo...

Os vosos argumentos son realmente demoledores, resulta que estades ata o cu de min pq opino na paxina web da APdeA, e decir, na paxina web do partido polo que vou de candidata nas municipais. Pero se estades tan ata o cu no entredes aqui ou se entrades dade argumentos de pq estades ata o cu.
Con respecto o de que oxala non entre nunca en goberno, respetoo totalmente pq o mellor se vos dirades a cara en vez de ir de anonimos eu tamen vos desexaria o mesmo, asi como non sei quen sodes non vos desexo nada, nin bo nin malo.

Anónimo dijo...

jajaja esto é increible, como se pode ser tan tont@.
Este anonim@ "mira fatima estoy hasta el culo de ti.
ojala no entres en gobierno nunca" esta datado ás 3:19 e escrito en castelán e o seguinte "tes toda a razon anonimo" esta datado ás 3:20 e escrito en galego;Pódese saber a que escola fuches? Digoo para non mandar alí os meus fillos.

Anónimo dijo...

¿e non se che ocorreu que foi para que se pensase, aínda que fose tan só un momento, que foron dúas persoas as que escribiron?

Anda, que nin para iso vos da... Cargantes.

Anónimo dijo...

Da para eso e para algo máis... que entras aquí co único motivo de difamar e que en 15 minutos escribes 10 "comentarios" Anti-APdA e Pro-Miramontes; era conveniente que lle dixeras a Pepe que che fixera una páxina web para ti soliñ@ e así poder lamberlle o cú todo o día.