O alcalde de Abegondo presenta hoxe a Agrupación Progresista de Abegondo formación política coa que concorre ás eleccións municipais
Juan José Rocha fai un chamamento ás persoas que por riba das directrices dos grandes partidos estean dispostos a traballar por Abegondo
O programa de APdeA vaise centrar en Abegondo, nos seus veciños e en potenciar as grandes oportunidades do municipio
Para Rocha a dirección dos grandes partidos antepón intereses alleos a Abegondo vulnerando a vontade dos veciños
A calidade de vida e o respecto ao Medio son claves para conseguir un desenvolvemento harmónico de Abegondo
O programa de APdeA vaise centrar en Abegondo, nos seus veciños e en potenciar as grandes oportunidades do municipio
Para Rocha a dirección dos grandes partidos antepón intereses alleos a Abegondo vulnerando a vontade dos veciños
A calidade de vida e o respecto ao Medio son claves para conseguir un desenvolvemento harmónico de Abegondo
Abegondo, 7 de abril de 2007.-O Alcalde de Abegondo, Juan José Rocha, presenta esta tarde a Agrupación Progresista de Abegondo, partido político co que concorre como candidato á alcaldía nas eleccións municipais, que se van celebrar o vindeiro 27 de maio. O acto de presentación da nova formación política tivo lugar, ás 20.30 horas desta tarde, nos locais da cervexaría A Boa Estrela de Mabegondo -Abegondo- Máis dun cento de veciños do municipio acompañaron a Juan José Rocha e mais aos seus compañeiros que integran a lista da Agrupación Progresista de Abegondo.
Entre as persoas que compoñen a lista do actual alcalde de Abegondo, son seguros varios concelleiros do actual grupo de goberno. Rocha sinalou, durante a súa intervención, que o acto de hoxe é soamente unha presentación da Agrupación Progresista de Abegondo e que o nome dos demais candidatos, aspirantes a formar o próximo goberno municipal, chegará con tempo suficiente para que os veciños poidan coñecelo con total transparencia e de primeira man.
Canto á xustificación da necesidade de concorrer ás elección municipais, Juan José Rocha, asegurou que a el e mais aos seus compañeiros nos lles quedou outra, logo de que a dirección provincial do Partido Popular se volvera atrás na súa pública palabra e a dirección rexional ratificara e apoiara a traizón do actual candidato popular para cos seus compañeiros durante anos no partido e no goberno local.
Así, o alcalde sinalou que a Agrupación Progresista nace con vocación de grupo político de Abegondo e para Abegondo. A nosa acción política, sinalou Rocha durante a súa intervención, vaise centrar en Abegondo e non imos ter que facer equilibrios nin soportar imposicións das estruturas dos partidos alleos ao noso pobo. O alcalde dixo ademais que a folla de ruta do partido van marcala os veciños e os seus lexítimos intereses económicos, culturais e sociais
Plan Xeral
No que toca á situación política que está a vivir o Concello, Rocha ten o convencemento de que as direccións dos grandes partidos teñen claudicado ante os intereses e a presión urbanística. Desgrazadamente Abegondo non escapa a estas circunstancias, unha debido á súa pertenza á área metropolitana dunha grande cidade de Galicia, e dúas, debido á falta de valor político do seu antecesor na alcaldía, que non foi quen de sacar adiante o Plan Xeral de Ordenación Urbana. A falta deste documento normalizador e ordenador do solo ten atrasado dun xeito totalmente mensurable o desenvolvemento do municipio.
Rocha salientou, durante a súa intervención no acto de presentación de APdA, que o Plan Xeral de Ordenación Urbana é un dos obxectivos que ten marcado a Agrupación Progresista de Abegondo. Xa como alcalde, Rocha tivo que cesar o anterior equipo redactor e contratar outro servizo técnico, que en menos de dous anos presentou o PXOM ante a Xunta. Esto é o que Rocha entende por traballo e a xestión, fronte aos que teñen argumentos que buscan soamente o descrédito político e persoal dos que foron seus compañeiros.
O programa da Agrupación Progresista será feito público nunhas semanas, e nel ademais do urbanismo, recóllense propostas para potenciar a calidade de vida nos maiores, iniciativas para fomentar o estudo e o acceso ao emprego á mocidade e as políticas activas de incorporación da muller a todos os eidos da sociedade. No programa tamén aparece, xunto coa solución tradicional para o mundo da empresa de crear só atractivo para o investimento, a necesidade de crear os instrumentos legais necesarios para a implantación de actividades económicas relacionadas coas novas tecnoloxías e coa investigación e o desenvolvemento (I+D+D).
Ser capaces de fomentar un crecemento dentro dos parámetros da sostibilidade é outro dos compromisos polos que vai traballar a Agrupación Progresista de Abegondo. Así, que os novos teñan a posibilidade de levantar o seu fogar no seu concello, que as infraestruturas e servizos estean deseñados para un Abegondo con calidade de vida, un Abegondo para traballar, para vivir, para disfrutar, son metas que necesariamente temos que acadar entre todos, ombro con ombro, man con man e coa flexibilidade mental suficiente que nos permita unir as nosas vontades por un obxectivo común, un Abegondo do que estean orgullosos os nosos fillos e os nosos netos.
Rocha, na súa intervención, fixo un chamamento pedindo o apoio para a Agrupación Progresista de Abegondo e dixo que “aquí non sobra ningunha persoa de boa vontade con ganas de traballar e ninguén ten que sentirse fóra por ningunha cuestión ideolóxica, nas eleccións municipais dun concello onde nos coñecemos todos están sempre antes as persoas que calquera outra cuestión”. Rocha rematou dicindo que cre na política feita desde o sentido común, as boas maneiras, o respecto aos adversarios, os fondos compromisos democráticos, a liberdade e na que o desánimo non existe cando se traballa polas cousas que de verdade valen a pena.
Somos os mesmos
O alcalde de Abegondo, tamén tivo unhas palabras para a militancia e os votantes do Partido Popular de Abegondo, e afirmou que a Agrupación Progresista de Abegondo é a súa casa. Nós somos os mesmos que hai un mes e imos seguir a ser os mesmos despois do 27 de maio. Nós non mudamos a nosa forma de pensar no substancial, simplemente nos adaptamos a unha situación que nos vén imposta, non nos quedou outra alternativa. Rocha agradeceu a presenza das persoas que lle teñen mostrado o seu apoio nas horas máis difíciles da súa vida política.
Agradeceu o labor dos medios de comunicación e os seus traballadores, aos que cualificou de buscadores da verdade e de pezas fundamentais para denunciar os excesos do poder político. Sen non fose por eles ao mellor os de Abegondo cargabamos con que nos impoñían de riba sen case darnos conta. En boa parte, isto non está sendo así grazas á prensa.
Ver noticia en La Opinión
Ver noticia en El Ideal
Ver noticia en La Voz
Ver noticia en El Metropolitano
6 comentarios:
Yo que come ya dije en otro apartado de esta web, estuve el sábado en la presentación de la agrupación, recomendaría a todos los que no estuvieron que se lean esta nota de prensa detenidamente, sobre todo en lo tocante al plan general de ordenación municipal.
Rocha, ese no es tu sitio, el pueblo no te ha votado, asi que deja de insultar a Santiso, LA ENVIDIA MATA, gracias a el pudiste ser alcalde, así que se lo debes todo
No digas que fue mucha gente a tu presentacion, solo fueron para ver los Loureiros, pero tengo muy claro que mi voto irá para el PP, ya que no hicisteis mas que criticarlo.
TRAIDOR rocha
Una persona que no saabe hacer una lista con sus candidatos, a que coño se presenta. Santiso tiene más estudios que tu.
Ese no es tu sitio
fuera Rocha, el pueblo no te quiere
Rocha el pueblo NUNCA te ha votado, me parece muy bien que ahora que estás ahí sin hacer nada y cobrando quieras seguir ahi, pero ese sitio es de Miramontes.
El sacó Abegondo arriba y tu no hiciste nada por el, bueno, perdona, si un aumento en el ayuntamiento y en vez de ponerle la pizarra le ponemos teja, ah, y a echarle la culpa a Miramontes.
¡Si no sabes estar ahí, marcha!
Con respecto al mitin (presentación) no es que hubiera mucha gente pero bastó para que se dieran cuenta de que ni expresarte, solo sabes criticar a Santiso.
Mi voto no irá para ApdeA sino para el PP de Abegondo.
Publicar un comentario