domingo, 8 de mayo de 2011

Qué é o que fixo a APdeA mentres estivo gobernando?














¿Qué é o que fixo a “AGRUPACION PROGRESISTA DE ABEGONDO (APdeA) mentras que estivo no Goberno Municipal?

- En canto a obras houbo un bo feixe de actuacións en estradas municipais e obras de ampliación para levar ós núcleos de población a auga potable e o alcantarillado. O resúmo que aquí se fai é orientativo, hai moitas mais obras e actuacións, que relacionalas todas non habería espazo nesta publicación para elo. De seguido indicanse unha serie de feitos constatables do que estivemos a facer, e que dende o noso punto de vista é unha mostra da seriedade e do compromiso acadado no día a día cos veciños para facer a Abegondo un sitio mais agradable onde vivir, comprometidos non só con facer obras, senón tamén nunca clara aposta polo Medio Ambiente, coa Cultura, os Deportes e aplicación e implicación coas Novas Tecnologías.

Hai mais. Estos son un exemplo e un recordatorio.


- Alcantarillado en Sarandós e Damil coa depuradora compartida con Carral.

- Abastecemento de auga en Vilar (Meangos), Torrente e Viós.- Ampliación de abastecemento en Seixurra e San Román (Orto)

- Saneamento no Naranxo (Abegondo);

- Ensanchamento e pavimentación en aglomerado da carretera do Regueiro da Vila a Cabanas, e a de Macenda (Crendes) na súa totalidade.

- Aglomerado de carreteras municipais (de Leiro a Viós; campo da festa de Vizoño; núcleo de Bordel; aparcamento do adro en Viós; acceso á igrexa de Crendes; núcleo de San Román (Orto), aglomerado explanada do adro de Orto; campo da festa en Xuanzo, etc., etc., ....

- Carreiro peonil entre Sarandós e Carral.

- Proxecto LIFE, aprobado na Unión Europea, tendo como socios á Consellería do Medio Rural, EMALCSA, Augas de Galicia e o Concello de Abegondo (estaban previstas a construcción dunha depuradora en Xuanzo-Cullergondo e outra en Bordel).

- Inclusión de Abegondo no proxecto piloto da Consellería de Medio Ambiente dentro do Programa de Núcleos de Sostibilidade Integrada.

- Creación do Roteiro Mariñán do río Gobia.

- Adquisición dunha motobomba contra-incendios.

- Abegondo foi escollido polo Ministerio de Educación e Ciencia para a instauración da Aula Mentor (sistema aberto e libre a través de Internet promovido polo Programa de Nuevas Tecnologías).

- “Proxecto Concellum”, integrando ós concellos de Carral, Cambre e Bergondo, que xunto de Abegondo persigue a transformación das formas de comunicación cos cidadáns a través de Internet. A Deputación Provincial tamén participou económicamente.

- Campo de herba artificial no campo de fútbol de Vizoño.

- Creación da Banda Municipal de Música

- Concesión dunha axuda de 30.000,00 euros ó San Tirso para o arranxo do campo de fútbol.

- Xestión na Xunta de Galicia para a ampliación do C.E.I.P “San Marcos”

- Reforma da Casa do Concello. Ampliación da zona habilitada para oficinas e instalación dun ascensor.

- Ampliación e pavimentación en aglomerado da estrada de Limiñón ó límite de Oza dos Ríos.

- Ampliación e pavimentación en aglomerado da estrada de Cerneda a Vizoño.

- Conseguir que os tribunais de xustiza obriguen ó Concello de A Coruña a pagarlle ó de Abegondo, anualmente, o IBI dos terrenos do encoro de Abegondo-Cecebre.

- Posta en marcha as mesas de participación cidadá da Axenda 21 Local.

- Instalación de placas solares no polideportivo co fin de aforrar na factura do consumo de auga quente sanitaria.

- Pago de facturas atrasadas, convocando previamente ós proveedores conxuntamente.

- Constatar nunha reunión conxunta con directivos do Vizoño e do San Tirso, e diante de representantes do R.C.D. de A Coruña, onde o Concello de Abegondo non dispón de ningún campo na Cidade Deportiva a libre disposición para poder deixárllelo ós equipos de fútbol que hai no municipio.

- Aula Multimedia

- Páxina web e blog do alcalde

- Arranxo do Centro Social de Bordel e instalación dunha Aula Interpretativo do Camiño Inglés.

- Convenio co Ministerio de Industria, incorporándonos ó proxecto “Urbanismo en red”, que falicita a consulta de calquera finca en relación á súa situación no PXOM. (Nesta iniciativa os primeiros concellos en Galicia foron os de Abegondo, Santiago de Compostela e A Coruña).

- Festa da Xuventude.

- Implantación do servizo de Coidado de Mañá para os escolares do CEIP “San Marco”.

- Feira histórica en Sarandós e escenificación da lenda do Tributo das Cen Doncelas en Bordel.

- Presentación do PXOM á Xunta de Galicia para o seu informe previo á aprobación inicial polo Pleno do Concello, e acordo de rescisión do contrato ó equipo redactor por incumprimento de prazos.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Para empezar, Sr.Rocha, vostede estivo para xestionar, non para facer, pq facer o que se dí facer, non fan nada; en todo caso xestionarán.

Anónimo dijo...

Animo, animo y animo !

Anónimo dijo...

Vielen Dank für Fret für uns. Wir Kümmern uns um alles.