Juan José Rocha quere un crecemento económico para Abegondo equilibrado co respecto á natureza como garantía da calidade de vida dos veciños
Mañá presentará aos veciños programa electoral da APdA ás 20.00 horas nun acto que terá lugar no restaurante Varela de San Tirso de Mabegondo
Abegondo, 17 de maio de 2007.-O candidato da Agrupación Progresista de Abegondo e alcalde de Abegondo, Juan José Rocha Carro, acompañado dos membros da candidatura presentou onte aos medios de comunicación o programa da formación política que lidera. O documento recolle ao longo de vinte e catro páxinas as propostas que a Agrupación Progresista de Abegondo ten elaborado pensando no futuro desenvolvemento económico, social e cultural dos veciños do municipio.
Rocha repasou os puntos, que ao xuízo da Agrupación Progresista de Abegondo, teñen a maior transcendencia para o futuro inmediato do Concello. Así, o alcalde e candidato sinalou con claridade seis liñas claves: as obras de infraestruturas, a aposta pola aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal, un compromiso claro pola sostibilidade, a creación de emprego, a implantación das novas tecnoloxías e a potenciación das canles de participación social e veciñal nos asuntos públicos.
En canto ás obras e infraestruturas, Rocha recalcou que nunca houbo no Concello de Abegondo tanto traballo feito con persoal e maquinaria propia. No programa recóllense pormenorizadamente cada unha destas melloras acometidas en todas as parroquias de Abegondo.
O Plan Xeral
O compromiso de sacar adiante o Plan Xeral de Ordenación Urbana e a pedra angular para a construción do Abegondo do futuro, é segundo Rocha o documento que lles vai permitir aos veciños conseguir o Abegondo no que queren vivir eles e os seus fillos. Neste sentido o alcalde sinalou que a colaboración coa Xunta de Galicia, a esixencia a Xunta de más medios humanos para a súa redacción, que tamén o goberno de Galicia explique aos cidadáns e ao equipo redactor e ao concello cales van a ser directrices que a Xunta vai seguir para a súa aprobación definitiva.
A Sostibilidade
Para Rocha, o Plan vai ter como eixe fundamental, ademais dos sinalados, o compromiso con desenvolvemento sostible, é imprescindible, segundo o candidato de APdA que o crecemento de Abegondo teña equilibrio entre incremento da capacidade de crear riqueza e emprego e a capacidade de manter o respecto polo medio natural. Esta ecuación equilibrio entre crecemento económico e respecto pola natureza é igual á calidade de vida, sentenciou Rocha.
A creación de tres parques empresariais no municipio, un destinado ás empresas tecnolóxicas, un parque empresarial para a reubicación de talleres e pequenas empresas existentes na actualidade en Abegondo e a instalación de un parque destinado a empresas do sector agro-forestal- alimentario, son eixes básicos para un Abegondo que cree no futuro e que quere que a súa xente teña oportunidades de traballar e vivir na súa terra.
A solución do problema da vivenda para a mocidade, a construción dunha residencia para os maiores, o aumento dos servizos sociais e a creación de un auténtico núcleo urbano en San Marcos son outros dos proxectos plasmados no programa da Agrupación Progresista de Abegondo.
O candidato aproveitou o encontro cos medios de comunicación para transmitirlles aos veciños o interese que hai na Agrupación Progresista de Abegondo por explicar con total claridade e transparencia cada un dos puntos das proposicións recollidas no documento programático. Rocha invita a todos os veciños que o desexen á presentación pública do programa que terá lugar este sábado, día 19, ás 20:00 horas no restaurante Varela de San Tirso de Mabegondo- Abegondo-
Programa Aquí
Por un Abegondo novo. Por un Abegondo para todos
Por un Abegondo novo. Por un Abegondo para todos
5 comentarios:
Por fin!!! Alguén fixo un progrma electoral como ten que ser. Acabo de leer o programa de APdA e felitacións da miña parte porque gustoume moito. Tamén quero felicitar o Sr. Rocha porque neste dous anos e medio fixo moitas cousas, e paracia que non facian nada eh??.
Por outra parte tamén vin outros programas electorais porque como votante que son, teño que leelos todos e ver cal me conven votar. Leín o do PP e está ben pero, sinto decilo, non ten comparación cos do APdA, porque é moi escueto, insisto é a miña opinión. Que gañe o mellor.
Gracias, eu tamen estou moi contenta igual que todo los meus compañeiros de candidatura con como quedou finalmente o programa electoras da APdeA, mais que nada porque foi moi meditado, moi pensado, feito con moita ilusion e con moito esforzo e sobre todo e para min o mais importante E O PROGRAMA DE TODOLOS MEMBROS DA APdeA e non o programa de J.Rocha, pq todos aportamos o noso grao de area.
Alegrome que a xente lle este gustando tanto como comentan, e eu simplemente pediria que cada un de vos lesedes todos os programas dos distintos partidos, que vos cheguen as mans, que os comparasedes e en funcion do que mais vos convenza emitades o voso voto.
Ademais gustariame decir que penso que e un programa bastante completo en todalas areas e sobre todo a diferencia de outros doutros anos e dos outros que hai este ano, que non inclue a todos, e decir eu por ex. como veciña de folgoso, e coma min Juan (nº8 da APdeA)de Vizoño ou Roberto de Vilacoba, sentimos que no programa tamen se nos ten en conta a nos, os veciños da parte de concello que menos votos da, pero que sin embargo si que tributa impostos igual que o resto e e sempre a mais olvidada de todos os partidos.
amin sinceramente non me gustou po esta razon:
"nos somos xente normal"
¿que pasa os outros somos subnormales???
que pas co psoe?que pasa co pp?e co bloque?e co partido galeguista?solo vos sodes normales?
hai que repasar as cousas xq pasan por mans de moita xente eh!!!!!!!!!
Non é eso. Eso insinuao vostede. Aqui, cada quén vai ter que aguantar da súa vela. Que lle guste ou non, eso é o seu gusto. E para gustos se pintan colores. Vaia a votar o día 27 e deixese de lerias.
Publicar un comentario